VIGO ACOLLERÁ A XXVIII EDICIÓN DO CAMPIONATO DO MUNDO DE PESCA SUBMARINA ENTRE O 5 E O 8 DE XULLO DE 2012

  • O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na presentación do Campionato do Mundo de Pesca Submarina que contará coa presenza de 18 países.

Vigo, 27 xuño de 2012.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou esta mañá na presentación do Campionato do Mundo de Pesca Submarina que terá lugar do 5 ao 8 de xullo do presente ano en Vigo. No acto, que tivo lugar na sala de prensa do concello vigués, informouse acerca dos 18 países inscritos que competirán no campionato mundial entre os que destacan Arxelia, Brasil, Chile, Croacia, Eslovenia, Finlandia, Gran Bretaña, Grecia, Italia, Noruega, Perú, Portugal, Rusia, San Marino, Tahití, Ucrania e Estados Unidos, ademais da propia selección española.

Deste xeito, o Campionato do Mundo chega á cidade olívica tras a súa edición de 2010 celebrada en Croacia. Daquela, España rematou a competición no terceiro lugar da clasificación por países, por detrás de Croacia e Italia, ademais de situar a tres participantes españois entre os dez primeiros postos da clasificación individual. O ano pasado, España proclamouse campioa de Europa por equipos.

 A selección española que participará no XXVIII Campionato do Mundo de Pesca Submarina conta coa presenza de Santi López Cid, Antonio Linares, Jaime Heras, Ricardo González, Sergio de Julián e Tomás Dávila, capitaneados por José Antonio Olmedo e por Amanç Bolos como xefe de expedición.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: