Ayuntamiento de Vigo 28-06-12


Serrat e Sabina chegarán o 16 de agosto ao Ifevi con “Dos Pájaros Contraatacan”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe xoves o “gran” concerto do verán, da man dos cantautores Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat. A posta en escena de “Dos Pájaros Contraatacan” será o 16 de agosto no Ifevi, con entradas a 30 euros.

 


O goberno local instalará unha pantalla xigante en Castrelos para seguir a final da Eurocopa

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe xoves a decisión de instalar unha pantalla xigante no parque de Castrelos para seguir a final da Eurocopa que enfrontará a España con Italia ou Alemaña, o próximo domingo. O alcalde animou á cidadanía a participar desta “gran festa do fútbol”.

 

O Concello retoma a vixilancia policial en Cíes durante as fins de semana

O alcalde informou hoxe xoves que este fin de semana retómase a vixilancia da Policía Local nas Illas Cíes, de venres a luns, durante a etapa estival. O obxectivo desta medida, afirmou Caballero, é preservar as condicións medioambientais do Parque Nacional e velar pola seguridade e a convivencia dos visitantes.

 


O Concello colabora coa 38 edición da Feira do Libro que comeza este venres na Praza Compostela

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, enfatizou hoxe xoves a necesidade de que as administracións sigan a apoiar á cultura, nunha época de “grandes”dificultades económicas como a que estamos a atravesar durante a presentación da Feira do Libro de Vigo. Acompañada pola delegada da Xunta, María Xosé Bravo Boch, e os representantes da Federación de Libreiros de Galicia, Abelairas desexó éxitos á 38 edición do certame que estará na Praza de Compostela ata o próximo día 8 de xullo.

 


O alcalde felicitou ás ximnastas do Club Maniotas, bronce no Mundial de Ximnasia Estética

Abel Caballero recibiu este xoves ás ximnastas do club vigués Maniotas que veñen de quedar terceiras do Campionato Mundial de Ximnasia Estética. O alcalde adiantou que o Concello cooperará co proxecto da entidade para converter esta modalidade en “núcleo de referencia” na cidade.

 


A obra de Alba Pardo toma os espazos da Alcaldía

O alcalde presidiu este xoves a apertura dunha nova edición de Mostrarte, a proposta cultural que leva o arte pictórico aos espazos da Alcaldía do Concello, desta volta co traballo de Alba Pardo, creadora de mundos artísticos a partir dunha liña.

 



Carles Santos + Cabo San Roque

Dobre ración o venres 29 en Imaxina Sons: Carles Santos+ Cabo San Roque no Auditorio Municipal e Dhafer Youssef na Constitución
Ademais pasacalles con A Magnifique Bande dos Homes sen Medo e Jazz na Noite con Alberto Vilas Quinteto


Xornada completa o venres 29 de xuño dentro da programación do 8º Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. O día comezará cos pasacalles de A Magnifique Bande dos Homes sen Medo e rematará co quinteto de Alberto Vilas no Xancarajazz dentro do circuíto “Jazz na Noite”. Carles Santos+ Cabo San Roque levarán a súa Maquinofobiapianolera ao Auditorio Municipal do Concello ás 21h; a audiencia será testemuña do enfrentamento entre o piano de Carles Santos e a orquestra mecánica dos Cabo San Roque. Xa na Praza da Constitución Imaxina Sons acolle o concerto de Dhafer Youssef, a ensamblaxe que fai o tunecino entre a música de raíz e os elementos do jazz contemporáneo converteuse nun dos éxitos do jazz europeo dos últimos anos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: