Novacaixagalicia rememora cunha exposición a emigración galega do século pasado

I       A exposición realízase co gallo da xuntanza do Consello de Comunidades Galegas

28.06.2012. O Pazo de Congresos de Santiago de Compostela acolle hoxe e mais mañá a xuntanza do Consello de Comunidades Galegas presidido polo presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo. Novacaixagalicia participa desta reunión da representación galega no mundo mediante a achega dunha das súas exposicións máis emotivas, «Nós tamén fomos emigrantes».

As imaxes que compoñen esta mostra reflicten a dureza dun período en que o éxodo social marcou varias xeracións, tanto daquelas persoas que quedaban na terra propia, como daquelas, as máis novas, que optaban por unha saída co propósito de procurar unhas mellores opcións de vida. Estas marchas, esa dispersión das xentes de toda España, e de Galicia en concreto, acabou conducindo a que nos territorios de chegada, os galegos, no seu caso específico, buscasen outros galegos, e, mediante esta procura, foise configurando a mesta rede de centros galegos que nestes momentos están presentes nalgunhas das cidades máis importantes do mundo. Non obstante, a conexión entre os que quedaron e mais os que tiveron que marchar nunca esmoreceu, senón que se asentou co paso dos anos. De feito, Novacaixagalicia, ademais da realización dalgunha das súas exposicións máis senlleiras ao outro lado do Atlántico, veu contando, por exemplo, grazas ao labor da súa Escola de Negocios, cunha pauta de estudos pensada especialmente para aqueles descendentes de emigrados galegos con interese nunha carreira vinculada aos eidos financeiro e empresarial. O seu programa Encamiño, desenvolvido no ano 2005, favorecía o coñecemento destes estudantes das empresas galegas para traballaren a prol dos seus procesos de internacionalización. De feito, os propios representantes da escola destacan que «os fillos dos emigrantes galegos teñen unha presenza especial na nosa institución».

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: