A Cooperativa Integral Galega, proxecto de renovación económico e social,integral, público e autoxestionario, ten o pracer de anunciar as datas da 1º Xira Galega de Palestras sobre Cooperativas Integrais:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Martes 3. OURENSE.

 

 

 

20:30 – “Anacos da Cidade”- R/Paseo, Galerías vía Cambre, entreplanta, local 15

Mércores 4. A CORUÑA.

 

 

20:30 – “Asociación Alexandre Bóveda” – R/Olmos, 16-18, 1º

Xoves 5. FERROL.

 

 

20:30 – “Local San Carlos” – Esteiro

Venres 6. SANTIAGO DE COMPOSTELA.

 

 

20:30 – “PANXEA” – R/da Rosa 36

¿Que é e cales son os obxectivos dunha cooperativa integral?:

A Cooperativa Integral xurde das premisas de crear unha nova economía de subsistencia e transición, capaz de unificar os proxectos necesarios para o cambio político e social. Estes proxectos, moitos deles xa existentes, deben dar cabida a profesionais e colectivos que desexen traballar dentro dun marco de relacións máis humanas e xustas. A Cooperativa Integral é un organismo vivo, horizontal, inclusivo e participativo, que permite, desenvolver e articular actividades que sirvan para xerar traballo digno e útil e un consumo sostible e responsable. É un proxecto de autoxestión económica e política igualitaria e asemblearia que reúne tódolos elementos que compoñen a economía: produción, consumo, financiamento e moeda propia, e ó mesmo tempo, procura integrar tódolos ámbitos da vida: traballo, vivenda, saúde, cultura, educación,

etc. A curto prazo, as nosas metas serán:

• Posibilitar o autoemprego (cooperativas de traballo, bolsas de emprego).

• Reducir a dependencia do euro e estimular o crecemento de moedas sociais a través de redes de cooperación (ecoredes).

• Reducir os prezos e facilitar a venda directa de produtos locais, ecolóxicos e artesanais (grupos de consumo).

• Facilitar solucións colectivas a persoas insolventes e/ou en risco de exclusión social.

• Proporcionar a posibilidade de aforro comprometido con proxectos de innovación social, ética e sostible, ao marxe do sistema bancario tradicional (cooperativas de autofinanciamento). Os obxectivos, a longo prazo, son os seguintes:

• Construír unha rede de relacións económicas cooperativas e solidarias entre persoas e empresas sociais, alleo ás flutuacións dos mercados.

• Abrir espazos que proporcionen servizos realmente necesarios: Centrais de Abastecemento, Oficinas

de Vivenda, Redes de Albergues, Centros de Educación e Aprendizaxe Colectivo, Centros de Saude

Autoxestionaria e proxectos de autoemprego vinculados a necesidades reais.

• Transformar a sociedade outorgando o poder real ás persoas; para iso crearase un sistema propio de

+ Info:

http://coiga.arkipelagos.net/

https://www.facebook.com/groups/cooperativaintegralgalega/

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: