Ayuntamiento de Vigo – 29-06-12


O goberno local regulariza e asume a propiedade de 50 vivendas en Rosalía de Castro

O alcalde de Vigo, de visita nunha das vivendas, recoñeceu este venres o traballo da edil de Urbanismo, Carmela Silva, na recuperación e normalización destes pisos tras 12 anos, reintegrando uns 10 millóns de euros en valor patrimonial para o Concello. Para evitar o pago de 3 millóns de indemnización por unha sentenza xudicial de inicios de 2007, o Concello cederá 10 vivendas a RENFE.

 


Caballero apunta que o Festival Aéreo de Vigo é o “acto lúdico que congrega máis xente de toda Galicia”

O alcalde, Abel Caballero, e o director do Festival Aéreo Internacional de Vigo, Pablo González, presentaron este venres a décima edición do FAV, acto que nos últimos anos foi seguido por entre 300 e 400.000 persoas. Celebrarase o 22 de xullo en Samil, con presenza nacional e internacional, e actividades especiais polo décimo aniversario.

 


O alcalde avanza a construcción dun “gran corredor verde entre Coia e Samil”

O goberno municipal construirá un “gran corredor verde entre Coia e Samil” de máis de 100.000 metros cadrados, tal e como aprobou hoxe venres a Xerencia de Urbanismo, que deu luz verde ao plan especial de dotacións no eixo que une as avenidas Castelao e Europa.

 


Manel Fernández subliña que a Ría abre a tempada de traiñeiras coa Bandeira Concello de Vigo

A Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras dispútase este sábado en augas do Vao (12:00), onde nove tripulacións pelexarán na primeira regata da tempada, dentro do novo formato da Liga Galega de Traiñeiras (LGT), que estrea dúas divisións, A e B. A bandeira viguesa, que cumpre vinte edicións, corresponde á primeira regata da División B e está dotada con 6.000 euros en premios.

 


Samil, único areal de Galicia que terá este verán todos os Campionatos de Galicia de deportes de praia

Samil volve a ser, como ocorre dende hai dez anos, principal referencia do deporte da cidade no verán. Dende este sábado e durante todo o mes de xullo, seis probas deportivas específicas de praia para mayores de 16 anos (o volei praia supero 80 é para +35) e unha exhibición de cachibol para xente mayor (12 e 19 de xullo) tomarán o Vigoarena, a instalación polideportiva que se sitúa no areal vigués nesta época estival e pola que xa pasaron máis de 10.000 deportistas nunha década.

 


O Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons pecha a oitava edición cos concertos de Joachim Kühn Trio e a Orquesta Voland

Un dos renovadores do jazz europeo, Joachim Kühn, e un novo e singular proxecto nacido en Galicia, Orquesta Voland. Eses son os pratos fortes da xornada de peche desta oitava edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons. O público está convocado ás 21h no Auditorio Municipal do Concello onde poderá asistir ao concerto de Joachim Kühn / Majid Bekkas /Ramón López Trio co espectáculo Out of the Desert. A entrada custa 5 euros e pode adquirirse na billeteira do recinto a partir dunha hora antes do concerto. A seguinte cita é na Praza da Constitución ás 23h coa Orquesta Voland, proxecto músico-literario cuxos artífices son o saxo Roberto Somoza e o escritor Quinito Mourelle.

 

Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao

A Concellería de Politica de Benestar pon en funcionamento o “Dispositivo de acceso ao baño para persoas con mobilidade reducida nas praias de Samil e Vao “. A finalidade do servizo e favorecer as persoas con mobilidade reducida da cidade para que poidan acceder á praia ou a un baño no mar na época estival.

 

CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS”


A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 08/06/2012, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2012 do “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS”, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 121 de 26 de xuño de 2012.

 

CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN”


A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 08/06/2012, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2012 do “PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN”, no ámbito dos programas de apoio á inserción laboral, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 121 de 26 de xuño de 2012.

 

Bases de solicitudes de actuacións para o XVIII Festival Folclórico Internacional

O Festival Folclórico Internacional, fruto do convenio de colaboración entre a Concellería de Cultura maila Asociación Cultural Interfolc, abre o prazo de solicitudes de actuacións, que terán lugar entre o 3 e o 8 de agosto. O festival ten por obxecto fomentar, promocionar e achegar a cultura tradicional e o folclore popular á cidadanía, polo que ofértanse un número máximo de CINCO beneficiarios de actuacións para a presente edición. As solicitudes poderán presentarse ata as 13,30 horas do 12 de xullo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: