BNG de Vigo

  Santi Domínguez reitera a oposición do BNG á ampliación da prórroga á empresa que xestiona o auditorio Mar de Vigo

Vigo, 29 de xuño de 2012.- O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, subliñou este venres a oposición do Bloque á ampliación da prórroga de 25 anos á empresa que xestiona o auditorio pazo de congresos Mar de Vigo, así como a compensación de 5 millóns. Pola contra, defendeu que esta empresa “aínda ten que desenvolver o plan de promoción do recinto”, así como traballar na procura de que funcione nas condicións nas que se licitou inicialmente. “Que non agarden que que vaiamos apoiar esta prórroga”, manfestou.

Santi Domínguez lembrou que na aprobación dos orzamentos municipais, o BNG xa advertiu sobre as consecuencias das decisións unilaterais do goberno local. “Se implican responsabilidade para o futuro o BNG estaría exento de calquera decisión sobre isto”, dixo ao respecto, polo que sinalou que despois “non se nos pida apoio noutros temas de política xeral”.

O nacionalista manifestou que a oposición non coñece que desequilibrio financeiro xustifica esta decisión. “Nunca se nos informou do peche do primeiro exercicio nin das adaptacións dun proxecto a outro”, dixo ao respecto. Fixo referencia ás manifestación do alcalde nas que asegurou que arranxara o problema que deixara Corina Porro. “Se facer un proxecto executable é ampliar a concesión e inxectar 5 millóns de euros non fai falta ser catedrático en Economía. Así o arranxa calquera”, ironizou.

O BNG propón que os acordos que tome a xunta de goberno da Área Metropolitana se tomen por unanimidade

Vigo, 29 de xuño de 2012.- O portavoz municipal nacionalista, Santi Domínguez, defendeu este venres a proposta do BNG de que todos os acordos que tome súa xunta de goberno da Área Metropolitana sexan adoptados por unanimidade. Santi Domínguez salientou que esta é a única alternativa posible para que este novo ente funcione dado as actitudes de PP e PSOE, que ao seu xuízo demostran que “nunca tiveron vontade de desenvolver unha Área Metropolitana que vertebre o territorio”.

Segundo criticou o portavoz municipal do BNG, “estas dúas forzas están máis preocupadas de manter o seu equilibrio de poder na Área Metropolitana que de dar resposta ás necesidades reais da veciñanza”, así como de falar deste organismo “en clave electoral”. A respecto do PP, Santi Domínguez sinalou que utiliza a Lei de Área Metropolitana “como arma política tentando cambiar a redistribución que os votos deixaron en Vigo”.

Neste sentido puxo como exemplo a eliminación das mancomunidades co obxectivo de dotar de máis peso ás deputacións. Aínda que aclarou que son asociacións voluntarias de concellos, mentres que a Área Metropolitana está configurada por lei, subliñou que “é claro exemplo de que cando non hai interese de que funcione tende ao fracaso”. En referencia ao PSOE, o nacionalista manifestou que “nunca tivo claro que modelo de Área Metropolitana quere”, xa que en Santiago falan dun modelo e en Vigo doutro. “O alcalde nunca tivo interese en chegar a un consenso que sexa garantía de éxito”, dixo ao respecto.

Fronte a esta situación de enfrontamentos entre PP e PSOE e de utilización partidista deste tema, Santi Domínguez afirmou que no BNG “estamos convencidos de que chegar a acordos é a única posibilidade real de que saia adiante a Área Metropolitana”. Asegurou que deste xeito unha maioría política diferente á de Vigo non podería impoñer a súa vontade e ademais ningún Concello predominaría sobre outro e puxo dous exemplos da viabilidade desta proposta.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: