FORMACIÓN MONITORES TEMPO LIBRE VECIÑAIS
Mozas e mozos fórmanse nun curso que terá as súas prácticas nas asociacións veciñais e pode supor unha futura saída laboral.
O vindeiro luns 2 de xullo no local da Federación Veciñal Eduardo Chao comezará un curso de Monitores/as de Tempo Libre Homologado pola Xunta de Galicia para a formación de mozas e mozos. O curso tivo unha boa acollida rexistrando a matrícula en todas as prazas dispoñibles no prazo dunha semana, estivo incentivado grazas a subvención que ten o curso por parte da Xunta de Galicia e que abaratou o seu prezo, moi importante nestes momentos de crise e que facilita o acceso a formación dun dos segmentos de poboación con máis demandantes de emprego.
A mocidade fórmanse nun curso que terá as súas prácticas nas asociacións veciñais e pode supor unha futura saída laboral.
O luns 12 de xullo ás 12:30 acudirá ao curso unha representante da Xunta de Galicia para saudar as persoas participantes e comprobar o desenvolvemento do mesmo.
viaxe a Cíes
A Federación Veciñal continúa coas súas viaxes as Illas Cíes programando unha para o vindeiro domingo 8 de xullo para as familias da cidade que queiran acudir, para esta viaxe aínda hai prazas dispoñibles das que se poden facer reservas nas asociacións veciñais federadas ou mesmo no local da Federación Veciñal.