INFORMACIÓN SOBRE LUMES: COORDINACIÓN
domingo día 1 de xullo comeza acampaña de alto risco de incendios. Tendo en conta que este período se prolonga ata o 30 de setembro e en aras de que o voso traballo e o noso sexa o máis coordinado posible, dende o departamento de prensa da Consellería do Medio Rural e do Mar queremos lembrarvos que, como en anos anteriores, iremos informando a través de notas de prensa, dos lumes activos, controlados e extinguidos que sexan superiores ás 20 hectáreas de superficie rasa ou arborada e dos medios que traballan na súa extinción. Leer más…
Ricky Dávila inaugura no mosteiro de Caaveiro o ciclo ‘Grandes miradas dende as fragas do Eume’
O fotógrafo de Bilbao abre hoxe o ciclo Grandes miradas dende as fragas do Eume cunha clase maxistral no mosteiro de Caaveiro
Vinte persoas comparten un día enteiro con cada creador nun programa organizado pola Deputación de A Coruña e coordinado por Gabriel Tizón
Vari Caramés, Cristina García Rodero e Alberto García Alix completarán o programa os próximos días 7, 14 e 21 de xullo Leer más…
A DEPUTACIÓN INICIA O VINDEIRO MARTES AS OBRAS DE REMODELACIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE VILARIÑO (NIGRÁN)
(NIGRÁN)
A Deputación inicia o martes, 3 de xullo, os traballos de remodelación das instalacións deportivas do campo de fútbol de Vilariño, en Nigrán, co obxectivo de devolverlle a este campo de herba sintética unhas condicións óptimas para a práctica do deporte.
O orzamento das obras ascende a un total de 308.793 euros e serán executadas pola empresa Construcciones Eiriña S.L..
O campo de fútbol de Vilariño, de titularidade municipal, está dotado dun terreo de xogo de herba sintética e actualmente presenta unha serie de deficiencias que dificultan a práctica deportiva e que afectan tanto ao terreo de xogo como á zona des gradas e aos elementos complementarios do campo.
Ante esta situación, a Deputación de Pontevedra sacou a concurso as obras necesarias para a súa mellora, que son as que se iniciarán de forma inmediata e que suporán unha recuperación do estado óptimo deste campo.
En total foron 21 as empresas que presentaron as súas ofertas para a execución destes traballos, sendo Construcciones Eiriña a que obtivo a maior puntuación e a que se encargará da execución dos traballos. As obras contará cun prazo de execución de un mes e tres semanas.