INFORMACIÓ​N SOBRE LUMES: COORDINACI​ÓN

  domingo día 1 de xullo comeza acampaña de alto risco de incendios. Tendo en conta que este período se prolonga ata o 30 de setembro e en aras de que o voso traballo e o noso sexa o máis coordinado posible, dende o departamento de prensa da Consellería do Medio Rural e do Mar queremos lembrarvos que, como en anos anteriores, iremos informando a través de notas de prensa, dos lumes activos, controlados e extinguidos que sexan superiores ás 20 hectáreas de superficie rasa ou arborada e dos medios que traballan na súa extinción.

Tendo en conta as estatísticas de anos anteriores e que durante esta época (xullo-agosto-setembro) existe unha maior probabilidade de que a cifra de lumes destas dimensións sexa maior á do resto do ano, estableceremos os seguintes horarios para facilitarvos un parte informativo coa evolución deses lumes.

Así, enviaremos un primeiro parte sobre o estado dos lumes de máis de 20 hectáreas ás9:00 horas, un segundo sobre as 13:00 horas e un terceiro sobre as19:30 horas nos que se vai ir actualizando a información relativa a este tipo de incendios.Esta será a tónica xeral salvo casos que se puideran considerar excepcionais e que, polo motivo que fose, se precisase actualizar a información con maior frecuencia.

Asemade atenderanse, no horario habitual e do xeito máis áxil e ordenado posible, todas as peticións telefónicas de información dos medios de comunicación sobre aqueles lumes máis pequenos e sobre os que nos solicitedes datos.

Lembrar tamén que os número de teléfono ao voso dispór son os habituais981 544799/08/09 e que nas fins de semana teremos ademais habilitado o número móbil689059113 para atender exclusivamente as peticións referidas á información de incendios. Pregámosvos que, por favor, se faga un uso racional deste número para que poidamos ofrecervos o mellor servizo posible.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: