BNG de Salceda

  A Asemblea Local do BNG de Salceda ven de elexir novo Consello Local, composto por:
Mª Teresa Pérez González (responsable local)
Mª Dolores Castiñeira Alén (Vicerresponsable local)
Enrique Besada Pérez (responsable de organización)
Xose Manuel Piñeiro Domínguez (responsable de finanzas)
Cándido Lorenzo González (Responsable de política municipal)
Diego Besada Pérez (Responsable de Participación Veciñal)
Andrés Bugallo Pereira ( Responsable de acción electoral)

A nova Responsable Local, Teresa Pérez, ocupa o cargo de Concelleira de Ensino e Cultura no Concello de Salceda de Caselas, sendo membra activa do BNG dende o ano 2003.

O grupo preséntase como un conxunto de xente disposto a traballar man a man co equipo de goberno do BNG de Salceda, servindo de enlace para trasladar as inquietudes da veciñanza de Salceda, así como as súas suxerencias. O novo Consello Local márcase como obxectivo primordial o traballo a prol de Salceda, así como o traballo en defensa dos dereitos e intereses de Galiza, sobre todo de cara ás inminentes eleccións autonómicas. Teresa Pérez amósase con ilusión e con ganas de traballar: «queremos facer do local do BNG un local de portas abertas onde tanto militantes como simpatizantes poidan vir a facernos todas as aportacións que desexen. Queremos un partido aberto á xente e animamos a todos aqueles que o desexen a que se acheguen e que formen parte da grande familia do BNG en Salceda».

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario