O presidente do Eixo Atlántico pide ao presidente da Xunta o seu apoio para que os acordos do Cumio Ibérico relativos á Liña do Miño no queden en papel mollado

Vigo, 02 de xullo de 2012.- O Presidente do Eixo Atlántico, e alcalde de Viana do Castelo,Jose Maria Costa, acompañado do vicepresidente e alcalde  de Monforte de Lemos,  Severino Rodriguez e o secretario xeral da entidade, Xoan V. Mao, reuníronse hoxe en Vigo co Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Na reunión, o presidente do Eixo Atlántico solicitou a intervención do presidente da Xunta para que os acordos do XV Cumio Ibérico relativos á conexión ferroviaria entre Oporto e Vigo, non queden en papel mollado. Jose Maria Costa, que falou tanto como presidente da entidade transfronteiriza, como en representación da Comisión de Seguimiento que se constituíu en Viana do Castelo o pasado mes de xuño, e da que forma parte concellos de Galicia e o norte de Portugal, organizacións empresariais e axentes sociais, xunto coa propia Xunta, remarcoulle a Feijoo a importancia de que a modernización da liña do Miño figure nas propostas que os gobernos de España e Portugal presenten á Comisión Europea para o seu financiamento a partir do ano 2014. Asemade solicitaron ao presidente da Xunta a convocatoria dunha reunión cuatripartita entre a Xunta, a Comissão de Coordinação e Desenvolvemento Regional do Norte, CCDR-N, o Eixo Atlántico e as organizacións empresariais na que poder debater e facer apartacións sobre a preparación do documento base para o próximo financiamento comunitario no periodo 2014-2020. Pola súa banda, o vicepresidente do Eixo Atlántico e alcalde Monforte d de Lemos, Severino Rodríguez,  manifestou o apoio do Eixo Atlantico as liñas de mercadorías que ligan os portos galegos con a Meseta e a importancia da conexión dos portos portugueses desde Aveiro, por Salamanca para constituír un sistema integral en aras da competitividade da eurorrexión e as potencialidades derivadas da ampliación da Canle de Panamá. Neste senso, ambos dirixentes remarcaron a necesidade de unha conexión dobre de mercadorías e pasaxeiros que comunique verticalmente os portos galegos e portugueses. Finalmente, o Presidente do Eixo Atlántico informou o presidente da Xunta da súa preocupación polo impacto que o sistema de cobros das peaxes nas antigas SCUT de Portugal poidan ter na economía da eurorrexión pola previsible caída de turistas na campaña de verán. O Presidente da Xunta comprometeu o seu apoio co goberno español para que a modernización do tren do Miño fora incluída nas propostas que os gobernos español e portugués remitan a Bruxelas para o seu financiamento. Igualmente, e atendendo a petición do Eixo Atlantico, Feijoo comprometeuse a convocar no vindeiro mes de setembro unha reunión na que participen a CCDR-N e os empresarios na que debater estratexias conxuntas para o financiamento comunitario, tanto do tren, como das políticas transfronteirizas.

Por ultimo comprometeuse a falar con Audasa para interesarse polo estado das experiencia piloto de interoperabilidade dos sistemas de pago das peaxes, unha vez que a experiencia piloto está a desenvolverse entre Audasa e Brisa.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: