O SECRETARIO XERAL DE MEDIO RURAL E MONTES ASINOU HOXE EN VIGO CON14 ALCALDES OS CONVENIOS PARA A MELLORA DAS INFRAESTRU​TURAS RURAIS

  • O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación e arranxar deficiencias

Santiago, 3 de xullo de 2012.- O secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández-Couto, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, reuniuse hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Vigo, para asinar os convenios sobre Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM) cos distintos alcaldes dos concellos que se beneficiarán deste investimento. O obxectivo fundamental das obras enmarcadas nestes proxectos é dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a arranxar as deficiencias que persisten en determinadas zonas rurais de Galicia.

O PEIM Rural é un plan que inclúe proxectos financiados pola Consellería do Medio Rural e do Mar e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co fin de levar a cabo actuacións en materia de desenvolvemento rural. No convenio establécese un marco xeral de cooperación onde se definen as liñas xerais de colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas rurais.

Obxecto e Actuacións

O convenio establece que a Xunta de Galicia realizará actuacións de infraestrutura rural, mentres que o Ministerio colaborará no financiamento de actuacións relativas a camiños agrícolas e pistas rurais. Esta parte do plan complementa á executada pola Xunta o ano pasado. A continuación, xúntase nun cadro o presuposto para cada concello:

CONCELLO PRESUPOSTO
Baiona 50.881,13 €
Cangas 75.508,60 €
Fornelos de Montes 49.094,36 €
Gondomar 81.846,12 €
Moaña 74.680,38 €
Mos 68.103,91 €
Nigrán 54.857,01 €
Pazos de Borbén 55.740,42 €
Porriño, O 67.864,97 €
Redondela 62.204,15 €
Salceda de Caselas 77.016,95 €
Salvaterra de Miño 92.183,50 €
Soutomaior 35.267,08 €
Vigo 49.951,46 €
TOTAL 895.200,04 €

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: