Archivo | julio 4, 2012

Ayuntamiento de Vigo 03-07-12


O Concello destina máis dun millón de euros a clubs deportivos de elite e de base

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, informou este martes da aprobación polo goberno local das subvencións ao deporte da cidade, 445.000 euros para clubs de elite e outros 600.000 máis para 171 entidades. O edil subliñou que os pagos adiántanse este ano ao verán, cando en 2011 foron efectivos en novembro.

 


O alcalde entrega os premios Vide aos mellores representantes do fútbol local desta tempada

O alcalde de Vigo fixo entregou hoxe martes os premios Vide aos mellores representantes do fútbol local da tempada 2011/2012. Este ano, cando se celebran os dez anos de vida da Vigo Cup, recoñecese a labor de persoas relacionadas con este evento: Jorge Santos, ex director de Infancia, Juventud y Deporte de Caixanova e Belarmino Alonso, Milucho.

 


Comeza no MARCO o Festival de Videoarte Latino REGION 0

REGION 0. The Latino Video Art Festival of New York é un Festival de Videoarte Latino que se celebrou no mes de marzo de 2011 no Centro Rey Juan Carlos I da Universidade de Nova York. Tras a súa itinerancia por distintas sedes, preséntase no MARCO de Vigo, onde se exhibirá ata o 1 de setembro.

 

Pleno da Corporación sesión extraordinaria