TRESCENTOS COOPERATIV​ISTAS REÚNENSE A PARTIR DE MAÑÁ EN SANTIAGO NUN ENCONTRO INTERNACIO​NAL

  • Unhas trinta entidades deste tipo e organismos europeos e iberoamericanos estarán representados neste foro, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Consello Galego de Cooperativas
  • O evento conmemora o Ano Internacional do Cooperativismo e complétase cunha mostra de produtos e servizos e coa entrega dos premios galegos a iniciativas cooperativistas

Santiago, 4 de xullo de 2012.- O Encontro Internacional Cooperativo reúne a preto de trescentos cooperativistas a partir de mañá, xoves 5 de xullo, en Santiago de Compostela. Chegados de diferentes puntos de Galicia, España e de países como Ecuador, Perú, Bélxica, Francia ou Portugal, os participantes compartirán ao longo de dous días no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia casos de éxito no emprendemento cooperativo e no autoemprego. O foro está organizado pola Consellería de Traballo e Benestar e o Consello Galego de Cooperativas.

O Encontro enmárcase na celebración este 2012 do Ano Internacional do Cooperativismo. Forma parte dun amplo programa, no que se inclúe a celebración do Día do Cooperativismo Galego, o sábado 7 de xullo, e a exposición nunha mostra de produtos e servizos cooperativos.

Baixo o lema “As empresas cooperativas axudan a construír un mundo mellor”, no evento que se inaugura mañá amosaranse experiencias cooperativas xeradoras de emprego, riqueza e xustiza social en tempos de crise. Na primeira xornada, o director xeral de Relacións Laborais da Xunta, Odilo Martiñá, moderará unha mesa redonda sobre intercooperación ou colaboración en rede, na que intervirán destacados representantes de organismos vinculados á difusión e promoción desta fórmula empresarial en Europa e no mundo.

Completan o programa do xoves unha mesa redonda sobre experiencias cooperativas no ámbito dos servizos sociais e un debate sobre novas fórmulas cooperativas, tales como unha cooperativa de aforro e crédito para mulleres en Ecuador ou un proxecto de enerxías renovables en clave cooperativa en Cataluña. Os ámbitos rural e do traballo asociado protagonizarán os debates do venres, día no que tamén se abordarán as liñas de actuación públicas e privadas para o fomento do cooperativismo.

No Día do Cooperativismo Galego, o sábado 7 de xullo, terá lugar a entrega dos premios ás cooperativas Os Irmandiños (Ribadeo), Sonaxe (Boiro), Máis Galicia (A Coruña) e Nova Aseconia (Santiago). No acto concederanse tamén os galardóns do Certame Cooperativismo no Ensino, que nesta edición recaeron en centros escolares de Cee, A Coruña, Monfero, Barreiros, Moaña, Ferrol, Santiago de Compostela, Ponteareas, Lugo e Betanzos.

Coincidindo con estas actividades o Pazo de Congresos acolle de forma simultánea e complementaria unha exposición de produtos e servizos cooperativos, na que participan máis de corenta cooperativas e organismos públicos vinculados á difusión desta fórmula empresarial.

Unhas 88.000 persoas participan do movemento cooperativo galego, agrupados ao redor de 1.136 entidades. O volume de facturación das empresas cooperativas galegas supera os 2,4 millóns de euros. A viabilidade desta fórmula empresarial en España, que actúa en todos os sectores económicos, queda demostrada polas 22.178 cooperativas existentes, responsables de 282.631 empregos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: