Galaxia en IlustraTour de Valladolid

A editorial presentará todos os seus libros para formatos distintos do papel

Esta fin de semana celébrase en Valladolid a V Edición de IlustraTour, encuentro internacional sobre ilustración y libros ilustrados, cun amplo programa onde as principais editoras do estado español presentan e analizan as tendencias no mundo do libro ilustrado a día de hoxe. Por primeira vez, Editorial Galaxia é convidada a protagonizar un dos espazos.
Será o sábado a partir das 16 horas cando se desenvolverá unha sesión dirixida polo Coordinador de Novos Proxectos de Galaxia, Francisco Castro, e que leva por título “Libros sen papel? Os contos súbense á nube”. A conferencia servirá para explicar na feira profesional, á que tamén ten acceso o público previo pago, os distintos produtos elaborados pola nosa editorial para a lectura noutra clase de dispositivos diferentes do papel.
Así, falarase de Contoplanet, os nosos contos para iPad e iPhone, o proxecto ‘Dálle a volta’, que inclúe o Conto Interactivo na Rede, ‘Area fai seis’ (galardoado co Mestre Mateo á Mellor Obra Interactiva 2011), a versión para iPad do clásico ‘O soldadiño de chumbo’, ao tempo que se aproveitará a ocasión para adiantar proxectos relacionados coa lectura online que se materializarán a finais deste mes de xullo.
Exemplos, todos eles, da modernidade na que quere vivir a lingua galega, consorte cos tempos e as tendencias que hoxe máis están en vigor.
A conferencia celebrarase na Sala Negra del LAVA (Laboratorio de las Artes de Valladolid. Paseo Zorrilla, 101).

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: