A CIENCIA, OS XOGOS E O MEDIO MARIÑO CENTRAN AS ACTIVIDADE​S DE VERÁN DO MUSEO DO MAR DE GALICIA

A CIENCIA, OS XOGOS E O MEDIO MARIÑO CENTRAN AS ACTIVIDADES DE VERÁN DO MUSEO DO MAR  DE GALICIA

 Desenvolverá 4 obradoiros semanais dirixidos ao público infantil, entre o 10 de xullo e o 31 de agosto

 Os rapaces terán a oportunidade de achegarse ao sistema solar a través do programa Stellarium e de construír un algario, entre outras experiencia.

Vigo, venres 6 de xullo de 2012.- O Museo do Mar de Galicia -MdM- estrea o seu programa de verán con catro novos obradoiros semanais destinados ao público infantil -Navegantes e estrelas, Investigamos as crebas, Navíos e somerxibles na ría de Vigo e Os Bosques do mar-, que combinan experiencias de carácter científico sobre astronomía ou o medio mariño e actividades lúdicas típicas da época estival. Os obradoiros, que comezarán o vindeiro 10 de xullo e rematarán o 31 de agosto, celebraranse de martes a venres, de 11:00h. a 14:00h. A nova programación arrancará este martes con obradorio Navegantes e estrelas, que achegará aos máis pequenos ao sistema solar a través do programa Stellarium. Os asistentes aprenderán a realizar diferentes planisferios e vivirán en primeira persoa, mediante una simulación co planetario, a sensación de desorientación que se experimenta no mar. Tamén comprobarán o papel transcendental que xogan os astros á hora de calcular con precisión latitudes e lonxitudes para situar un barco sobre unha carta de navegación
Ademais, os nenos coñecerán a evolución dos instrumentos de navegación, dende a cabotaxe ata os modernos sistemas de xeoposicionamente vía satélite (GPS). Navegantes e estrelas desenvolverase do 10 ao 13 de xullo, e do 7 ao 10 de agosto.
A seguinte proposta do MdM é Investigamos as crebas, un  obradoiro no que os participantes terán a oportunidade de analizar o lixo que se arroxa ao mar e a súa repercusión no medio mariño, a partir do traballo de campo que se levará a cabo durante a actividade.
 Investigamos as crebas terá lugar do 24 ao 27 de xullo e do 21 ao 24 de agosto.
A historia das embarcacións máis emblemáticas de Galicia servirá de punto de partida de Navíos e somerxibles na ría de Vigo, na que os cativos se aproximarán á historia de persoaxes como Sir Francis Drake ou á dos galeóns afundidos en Rande. Será unha boa oportunidade para aprender os diferentes tipos de embarcacións, entre as que o somerxible SanJurjo cobrará especial importancia
O estudio das algas e o seu importante papel no desenvolvemento da vida do mar centrará a temática de Os Bosques do Mar. Nel, os rapaces construirán un algario e descubrirán as diferentes especies de algas que existen, así como as súas numerosas aplicacións na vida cotiá.

  ACTIVIDADES DE VERÁN DO MUSEO DO MAR DE GALICIA

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: