A DESCARGA DE PESCA FRESCA CONTINÚA EN ASCENSO NOS PORTOS DE GALICIA CUNHA SUBA INTERANUAL DO 8,7%

  •   O peirao de Celeiro foi o que rexistrou a maior cantidade de descargas nos primeiros 5 meses do ano e o de Cariño liderou o tráfico de mercancías

 Santiago, 9 de xullo de 2012.– A descarga de peixe fresco nos peiraos de titularidade autonómica que xestiona Portos de Galicia continúa na liña de ascenso dos pasados meses, rexistrando en maio unha suba interanual do 8,7%. No devandito mes, descargáronse 7.429 toneladas de pesca fresca, fronte ás 6.832 do mesmo periodo no pasado ano. En canto á cifra acumulada dos cinco primeiros meses do ano, rexistráronse 44.313 toneladas, un 6,8% máis que ás mesmas alturas en 2011, segundo se contempla no informe de xestión mensual que elabora o ente público que preside José Juan Durán. Por áreas xeográficas os portos da zona cantábrica foron os máis activos ao rexistrar un total de 3.475 toneladas. Os da provincia da Coruña acadaron as 3.280 toneladas e os de Pontevedra, 674. Durante o pasado mes de maio, a instalación que máis peixe fresco descargou foi Ribeira, con 2325 toneladas, seguida de Burela, con 1.680 e Celeiro, con 1.644. No acumulado dos primeiros 5 meses do ano, o porto de Celeiro sitúase á cabeza con 11.709 toneladas; seguido de Burela, con 11.444; e Ribeira con 10.689. Con estas cifras, os peiraos que xestiona a Xunta de Galicia volven imperar na actividade de descarga de pesca fresca. De feito, no mes de maio máis da metade do total do peixe fresco que entrou nos peiraos galegos fíxoo a través dos autonómicos. No balance acumulado da actividade anual ata maio, nos Portos de Galicia descargáronse 44.313 toneladas, das 74.413 de toda Galicia. Polo que respecta ao tráfico de mercadorías o porto que rexistrou maior actividade o pasado mes de Maio foi o de Cariño, con 57.888 toneladas; seguido do de Cee, con 45.030; e o de Ribadeo, con 42.867. No acumulado do ano, tamén Cariño se sitúa á cabeza, con 223.605 toneladas, seguido de Ribadeo, con 206.895; e Cee, con 169.466.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: