Escrito do claustro do IES Pazo da Mercé sobre a supresiónh​ttps://www​.edu.xunta​.es/webmai​l/dimp/com​pose.php?t​ype=new do salario de verán ao profesorad​o substituto

Dende o claustro de profesorado do IES Pazo da Mercé de As Neves queremos manifestar a nosa total repulsa á medida adoptada pola Consellería de Cultura e Educación o mércores 27 de Xuño de 2012, de suspender durante 2 anos o nomeamento nos meses de Xullo e Agosto do persoal substituto docente que presta máis de 5 meses e medio de servizos no curso académico. Unha vez máis a Consellería pretende facer cargar o custe da actual crise económica sobre os docentes públicos, e concretamente neste caso sobre aqueles que se atopan nas condicións laborais máis precarias. Por este motivo rexeitamos esta medida adoptada xa que, en contra do que argumenta a Consellería, non entendemos en absoluto que vaia a mellorar a situación económica nin a situación  de desemprego actual na que estamos inmersos, senón o contrario incrementará o desemprego e o consecuente pago de subsidios para todas aquelas persoas que teñen dereito a eles. Cabe destacar neste sentido, que a sucesión de diferentes contratos que se aplica ao persoal substituto dificulta que teñan acceso a unha prestación de desemprego que responda ao tempo realmente traballado. Por outra banda, o momento de comunicación desta medida soamente pode ser cualificado como unha falta de respecto a uns traballadores que se quedan privados de dúas pagas ata o de hoxe garantidas pola Administración, con só 3 días de antelación. Demóstrase así o interese por parte da Consellería de anular intencionadamente a posibilidade de reacción do profesorado implicado nesta medida, que estará cesado como moi tarde o día 30 de Xuño. Por último queremos denunciar o tratamento feito da medida no portal educativo da  Consellería onde esta se publicita de forma totalmente enganosa, dando a entender que se está recoñecendo un novo dereito aos docentes consistente en cobrar os meses traballados e os días de vacacións correspondentes, cando isto obviamente é un dereito de calquera traballador, e o que se está facendo é deixar sen efecto un dereito que ata o de agora estaba recoñecido na Addenda do 11 de Xullo de 2006 ao acordo do 20 de Xuño do 1995 no que se regula o acceso e as condicións de persoal docente interino e substituto. Como o colmo da terxiversación dos feitos a Consellería vincula a adopción desta medida como forma de «garantir a prestación de servizos como o de comedor, transporte escolar e axudas para os libros de texto» educativo. Cremos que é un despropósito atribuír a garantía duns servizos públicos , tal e como se explica no portal concretos, sobre os salarios do persoal que precisamente se atopa nunha posición máis débil, cando non se aplican estes mesmos argumentos sobre outros sectores con moita máis responsabilidade nesta crise económica e con retribucións infinitamente superiores e desproporcionadas no contexto actual. En definitiva, de novo se carga sobre un colectivo xa desprotexido co peso duns recortes que nada teñen que ver coa saída da crise.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: