Archive | julio 10, 2012

CONTINÚA O VERÁN EN SINSAL CON DESTROYER E SINSAL SAN SIMÓN

 CHEGA PARA PRESENTAR UN DOS TRABALLOS MÁIS ACLAMADOS DO 2011  DESTROYER

Vigo, 18 de xullo, 21:30. Terraza do Auditorio do Mar. Anticipada 18€ / Taquilla 20€
Destroyer é o proxecto persoal de Dan Bejar, compoñente tamén dos New Pornographers, unha máquina de pop fino con resonancias dos oitenta que converten o seu último álbum, Kaputt, nunha deliciosa colección de temas entre o jazz e o funk. Destroyer chega a Vigo no seu mellor momento, despois de ser un dos artistas máis citados do último ano, primeiro en moitas das listas do mellor do 2011.

entradas  https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=MARVIGO&idEvento=3718

Ayuntamiento de Vigo 09-07-12


PSOE e BNG fan un “chamamento urxente” á negociación para resolver o conflicto en Correos

Unha reunión celebrada este luns entre os voceiros dos tres grupos políticos municipais saldouse cunha resolución aprobada por PSOE e BNG, coa oposición do PP, instando “ao diálogo e á negociación” entre a dirección e os traballadores “co obxecto de pór fin de forma inmediata a este conflito que afecta a un servizo público fundamental”.

BRAVO BOSCH DESPIDE AO COMANDANTE NAVAL DE VIGO, JOAQUÍN BALLESTEROS MORATA DE TAPIA, E DA A BENVIDA AO SEU SUCESOR, JOSÉ ÁNGEL CHANS FERREIRO

 

  • A delegada da Xunta na cidade mantivo un primeiro encontro institucional co que será o novo responsable da Comandancia Naval de Vigo dende o vindeiro venres día 13 de xullo.

Vigo, 09 de xullo de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, recibiu esta mañá ao responsable da Comandancia Naval de Vigo, Joaquín Ballesteros Morata de Tapia, nun encontro institucional que serviu para presentarlle ao seu sucesor no cargo, José Ángel Chans Ferreira.

O vindeiro venres día 13 de xullo, nos actos que a Comandancia Naval da Marina celebra con motivo da festividade do Carmen, Patrona da Armada, farase efectiva a Entrega do Mando ao novo Comandante Naval.

Bravo Bosch agradeceu así que a primeira visita institucional do novo cargo da Mariña en Vigo a fixeran á Delegación da Xunta. A responsable da Administración autonómica agradeceu o traballo do actual comandante que abandona o seu posto e amosou a súa enteira disposición na chegada do novo cargo á cidade, avogando por unha relación institucional, fluída e de colaboración constante.

A XUNTA INVESTIRÁ 11,4 M€ NOS APARCADOIROS DISUASORIOS QUE ELIMINARÁN CADA ANO DAS CIDADES GALEGAS 93 MILLÓNS DE KILÓMETROS DE DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULO

  • O plan suporá actuar en espazos xa existentes, que poderán ampliarse segundo as necesidades, ou a construción de outros novos
  • Preténdese realizar unha planificación coordinada e unha adecuada xestión dos estacionamentos intermodais en cada unha das principais cidades galegas
  • Proponse, entre outras medidas, a posta en marcha dunha sinalización común de xeito que os cidadáns os identifiquen claramente nos accesos ás cidades
  • Ademais, plantexaranse cos concellos as modificacións necesarias na oferta de transporte para conectalo adecuadamente coas áreas de intercambio modal
  • Hernández sinalou que “estudaranse as fórmulas e oportunidades de desenvolvemento de cada área, algo que necesariamente haberá que pechar con cada concello”
  • Estará situados nos perímetros das cidades e coordinados co transporte público. Tamén se potenciará a práctica do coche compartido
  • O documento está aberto á participación pública, de xeito que as 67 propostas de aparcadoiros disuasorios poden verse modificadas ou melloradas polas alegacións que se presenten
  • O documento realizouse tendo en conta aos concellos, aos que se solicitou a súa colaboración dende o inicio do proxecto

 

PP DE VIGO declaraciones 10-07-12

  FIGUEROA: “LA AMPLIACIÓN DEL CONTRATO DEL AUDITORIO ES UN ESCÁNDALO QUE LE REPORTA A LA CONCESIONARIA 151 MILLONES DE EUROS DE BENEFICIOS”

  • El portavoz del Grupo Municipal del Partido Popular considera “de suma gravedad” el hecho, “que no tiene precedentes en la historia reciente del ayuntamiento”.
  • José Manuel Figueroa califica de “insulto a los ciudadanos en esta época de crisis” que “se le regale” a la empresa del Palacio de Congresos “una cifra que asusta”. Leer Más…

O DOG PUBLICA HOXE AS AXUDAS DE INDUSTRIA DESTINADAS Á MELLORA COMPETITIVA DA MINERÍA

 A liña está dotada con 800.000 euros e vai dirixida ás entidades sen fins lucrativos que desenvolvan actividades relacionadas co sector mineiro na Comunidade

§ A Xunta busca fomentar a industria mineira impulsando melloras na eficiencia e na investigación

§ Os interesados teñen un mes a partir de mañá para a presentación de solicitudes

§ Primaranse os proxectos a desenvolver nas provincias de Lugo e Ourense en virtude dos plans Impulsa

Casi 1000 fotógrafos participan en el PHotoMaratón Mahou de PHotoEspaña

  Los ganadores fueron votados vía Twitter

Primer premio del PHotoMaratón Mahou 2012. © Óscar Arribas Burgos

Las calles de Madrid acogieron el pasado sábado el PHotoMaratón Mahou en el que participaron cerca de 1000 fotógrafos

Óscar Arribas Burgos, Puri Manglano Jurado y Miranda von Breymann obtuvieron el primer, segundo y tercer premio respectivamente tras fotografiar escenas de Celebra lo que tienes’, tema propuesto este año 

El actor Iván Villanueva fue el encargado de dar la salida al PHotoMaratón Mahou que llenó el centro de Madrid de fotografía desde las 12.30 a las 23.00 horas

Los participantes, tras recorrer las calles de Madrid en busca de las mejores fotografías, se dirigieron a la meta situada en la Plaza de Callao, que acogió la proyección de las imágenes captadas por los fotógrafos participantes durante la actividad y la votación vía Twitter de las 10 fotografías finalistas

Más información: www.phe.es

GALICIA RECIBIRÁ CASE 2 MILLÓNS DE EUROS NO REPARTO NACIONAL DE FONDOS PARA PRODUCIÓNS E MERCADOS AGRARIOS

  A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asistiu ao Consello Consultivo e Conferencia Sectorial de Agricultura e Pesca en Madrid

A maior parte do orzamento para o medio rural irá destinado ao fomento da selección e difusión da mellora gandeira
No eido da Pesca analizouse o documento de consulta da CE sobre as posibilidades de pesca para 2013 e neste punto un dos aspectos demandados por Galicia foi unha maior información sobre o modelo para determinar os TAC nas especies nas que non existen datos científicos

ÉXITO DE PARTICIPAC​IÓN E VENDAS CONFIRMA COMO UN IMPORTANTE IMPULSO PARA O SECTOR ARTESÁN O ENCONTRO ORGANIZADO EN AGOLADA POR ECONOMÍA E INDUSTRIA

  Máis de 5.000 persoas visitaron a pasada fin de semana Os Pendellos, onde puideron achegarse ao traballo de medio cento de artesáns de 16 oficios tradicionais diferentes

§ A gastronomía e a música foron tamén un importante reclamo nunhas xornadas nas que quedou reflectida a unión entre tradición e innovación que se dá nesta actividade económica

§ Máis de 250 persoas participaron nas conferencias e obradoiros, dirixidos por figuras como o deseñador Martín Azúa

Peche e despedimen​tos do programa municipal de xitanos

Diego, membro da ODS-Coia e un dos catro extraballadores da Fundación Secretariado Xitano de Vigo achéganos unha nota de prensa na que explica os catro despedimentos e o peche do programa de xitanos da FSX en convenio co concello de Vigo: O 5 de xullo catro traballadores da Fundación Secretariado Xitano de Vigo (FSX) foron despedidos. Dende hai máis de quince anos o concello de Vigo viña destinando anualmente cartos -en diferentes convenios- co obxectivo de mellorar a integración e promoción dos xitanos da cidade. Primeiro foi cun convenio con Cáritas que tras os anos foi asumido pola FSX, ao igual que o grupo de traballadores que viñan desenvolvendo o programa de xitanos. Leer Más…