A XUNTA INVESTIRÁ 11,4 M€ NOS APARCADOIROS DISUASORIOS QUE ELIMINARÁN CADA ANO DAS CIDADES GALEGAS 93 MILLÓNS DE KILÓMETROS DE DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULO
- O plan suporá actuar en espazos xa existentes, que poderán ampliarse segundo as necesidades, ou a construción de outros novos
- Preténdese realizar unha planificación coordinada e unha adecuada xestión dos estacionamentos intermodais en cada unha das principais cidades galegas
- Proponse, entre outras medidas, a posta en marcha dunha sinalización común de xeito que os cidadáns os identifiquen claramente nos accesos ás cidades
- Ademais, plantexaranse cos concellos as modificacións necesarias na oferta de transporte para conectalo adecuadamente coas áreas de intercambio modal
- Hernández sinalou que “estudaranse as fórmulas e oportunidades de desenvolvemento de cada área, algo que necesariamente haberá que pechar con cada concello”
- Estará situados nos perímetros das cidades e coordinados co transporte público. Tamén se potenciará a práctica do coche compartido
- O documento está aberto á participación pública, de xeito que as 67 propostas de aparcadoiros disuasorios poden verse modificadas ou melloradas polas alegacións que se presenten
- O documento realizouse tendo en conta aos concellos, aos que se solicitou a súa colaboración dende o inicio do proxecto