BRAVO BOSCH ANUNCIA AOS VECIÑOS E VECIÑAS DE TEIS QUE A VINDEIRA SEMANA SE LICITARÁN AS OBRAS DOS USOS RECREATIVOS DA ETEA POR UN INVESTIMENTO DE 800.000 EUROS
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, explicou aos colectivos de Teis os avances realizados nestes días coa licitación da redacción dos proxectos sectoriais correspondentes á área de viais, espazos libres e infraestruturas (PS-1) e á área de usos complementarios (PS-6).
- Nesta nova fase se detallará o contido das dúas áreas definidas no Plan Sectorial que desenvolve a Xunta e, unha vez adxudicada a redacción destes proxectos, levarase a cabo a licitación das obras de urbanización, estimada en 3,4 millóns de euros para a área de viais e en 1,4 millóns para a área de usos complementarios.
- O 26 de xullo remata o prazo para a presentación de ofertas e, a partires de aí, comezará a tramitación para a licitación das obras contando tamén cun período de información pública para que os interesados acheguen as alegacións oportunas.
- No que respecta á licitación das obras do ámbito dos usos recreativos (PS-5), a Xunta cumprirá así o compromiso de inicialas dentro deste mesmo ano e finalizalas no primeiro semestre do ano 2013.