PROGRAMA RE-ACCIONA : XORNADAS TÉCNICAS SOBRE OS SERVIZOS AVANZADOS PARA A MELLORA COMPETITIVA DAS PEMES
Igape informará en detalle sobre as posibilidades de mellora que poden achegar ás Pemes os diagnósticos integrais de competitividade e os servizos avanzados ofertados a través do Programa Re-Acciona en tres xornadas técnicas que se desenvolverán o día 17 en Lugo, o día 18 en Ourense o día 19 en Santiago de Compostela.
Ademais de directivos e técnicos do Instituto, nas xornadas técnicas intervirán, para contar as súas experiencias, empresarios participantes no programa piloto desenvolvido ata o momento no marco do re-Acciona
Programa e inscricións http://xornadas.igape.es/
Economía e Industria acaba de publicar a primeira convocatoria, a través do Igape, unha primeira oferta de máis de 400 diagnósticos integrais e servicios avanzados http://www.igape.es/programa-re-acciona-2.html para a mellora da competitividade empresarial ao abeiro do programa re-Acciona.
O prazo para solicitar os diagnósticos e servizos avanzados remata o próximo 31 de xullo.