Archive | julio 12, 2012

Ayuntamiento de Vigo 12-07-12


O goberno humaniza Menéndez Pelayo e Doctor Marañón cun investimento de 3,3 millóns

O alcalde, Abel Caballero, visitou este xoves os traballos de mellora que o Concello está a executar nestes dous viais, humanizacións para as que o goberno local adica 2.475.000 euros -no caso de Menéndez Pelayo- e 800.000 euros -para Doctor Marañón-. As reformas incluirán a renovación das redes soterradas de servizos.

 


O Concello convenia cos sindicatos a prevención dos riscos laborais nas obras municipais

O alcalde, Abel Caballero, rubricou este xoves un convenio de colaboración coas tres principais centrais sindicais para que UGT, CCOO e CIG se encarguen do cumprimento das condicións laborais, de seguridade e saúde nas obras deste ano do goberno local.

 


O goberno local estudará elaborar proxectos de divulgación dos montes de Vigo

O alcalde, Abel Caballero, e representantes dos Montes de Man Común de Vigo acordaron este xoves colaboración na elaboración de proxectos conxuntos para divulgar os montes vigueses, como por exemplo preparar rutas turísticas, medioambientais, arqueolóxicas e paisaxísticas.

 

Pleno da Corporación sesión EXTRAORDINARIA

 

Xunta de Goberno Local

 

Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A COLABORACIÓN ENTRE AS EMPRESAS DO SECTOR DAS TIC PARA MELLORAR A SÚA COMPETITIVIDADE E AVANZAR NA INTERNACIONALIZACIÓN

O director do Igape participou nunha xornada sobre as axudas da Xunta para a creación e a consolidación de empresas innovadoras das tecnoloxías da información e a comunicación organizada por Xesgalicia

§ Javier Aguilera lembra que estas compañías teñen á súa disposición instrumentos especializados como os fondos de capital risco i2C, Xes Innova, Xes Posibilita ou Emprende, dotados con 23 millóns de euros

Santiago, 12 de xullo de 2012.- A Consellería de Economía e Industria aposta pola colaboración entre empresas galegas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) como fórmula para avanzar na mellora da súa competitividade e a súa internacionalización. Segundo manifestou o director xeral do Igape, Javier Aguilera, na apertura dunha xornada técnica sobre as axudas da Xunta para a creación e consolidación de empresas innovadoras do sector, existe un marco de apoio de privilexio para apoiar este tipo de proxectos, mediante préstamos participativos ou a través de programas do Igape. Con todo, salientou que as posibilidades do sector medrarán se existe cooperación entre as empresas para mellorar e para saír ao exterior. Leer más…

BRAVO BOSCH DESTACOU HOXE NUNHA VISITA A ASIME A SÚA HISTORIA, EXPERIENCI​A E AXUDA PARA CONSEGUIR A REVITALIZA​CIÓN DO SECTOR

  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, coñeceu hoxe as instalacións da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia nunha primeira visita institucional.
  • A responsable da Administración autonómica na cidade loubou o seu esforzo e traballo. Leer más…

O BNG insta ao concello a solucionar os problemas de seguridade vial no paseo do porto da Guarda

“O            Alcalde da Guarda debe buscar unha solución e non esperar a            que            ocorra unha desgraza”
O          BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presetou un escrito no concello da          Guarda, onde se insta ao grupo de goberno a que tome as          medidas          pertinentes para solucionar os problemas de tráfico que hai no          paseo          do porto da Guarda. Leer más…

A XUNTA ANUNCIA UN NOVO PROXECTO DE TRAZADO PARA O DESDOBRAME​NTO DO CORREDOR DO MORRAZO, QUE PRIORIZA O TREITO RANDE-ENLA​NCE DE CANGAS CUN ORZAMENTO DE 41 MILLÓNS DE €

  • O conselleiro de Medio Ambiente presentou esta mañá o Plan Viario da Península do Morrazo, que establece os obxectivos prioritarios para mellorar a mobilidade e a seguridade viaria na comarca
  • O documento propón actuar nun total de 60,7 quilómetros de estradas, dos que 19,80 km corresponden a vías de altas prestacións, 15,96 km a vías estruturantes e 25 km a viais complementarios
  •  O investimento total na rede autonómica de estradas da península do Morrazo que plantexa o plan ascende a 159 millóns de euros

 

El portal de cine online filmin participa en portAméric​a

  filmin es un innovadorportal creado en 2006              que nace con el propósito de dar a conocer el cine      que les gusta, las series que les    apasionan, nuevos talentos, películas      inéditas o cortometrajes sorprendentes.       Leer más…

EL COMPLEJO DEPORTIVO DEL LOURAMBAL ACOGE ESTOS DÍAS UN CAMPUS DE FÚTBOL

  El alcalde Nelson Santos y los concejales José Manuel Jacobo y M. AlejandroLorenzo asistieron a la clausura del primer turno del que participaron 64 niñosy niñas, que se suman a los 60 de esta semana

Desde elConcello valoran muy positivamente esta iniciativa en la que los jóvenespractican deporte y comparten experiencias, además de recibir la visita defutbolistas profesionales

FESTA PRESENTACI​ON FESTIVAL REGGAE BOA vigo viernes 13. Sala La Iguna Vigo

 A asociacion cultural minho reggae de vigo organiza este venres 13 apartir de media noite, a Festa presentacion do festival ReggaeBoa de Balboa. que se celebrara o fin de semana do 27 e 28 de Julio en Balboa.
Na iguana teremos actuacions de varios colectivos da escena galega, como

 MINHO SOUND +  GENDEBEAT & SELECTAH IN HELICOPTA + ALI GATOR [Electro Dub]  

LA IGUANA CLUB – Churruca, 14 Vigo
00:00h
www.minhoreggae.com

UNHA VINTENA DE EMPRESAS PRESENTAN A SÚA OFERTA PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIAL E REHABILITA​CIÓN DA TRAVESÍA DE CANGAS

  • A necesidade desta actuación, licitada por 400.000 euros, está xustificada debido aos importantes danos que presenta o firme desta estrada ao seu paso polo núcleo urbano de Cangas
  • A previsión da Xunta é iniciar a obra en outono e rematala neste mesmo ano
  • O proxecto beneficia a preto de 27.000 habitantes do Concello de Cangas e a súa área de influenza Leer más…