BRAVO BOSCH DESTACOU HOXE NUNHA VISITA A ASIME A SÚA HISTORIA, EXPERIENCI​A E AXUDA PARA CONSEGUIR A REVITALIZA​CIÓN DO SECTOR

  •   A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, coñeceu hoxe as instalacións da Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia nunha primeira visita institucional.
  • A responsable da Administración autonómica na cidade loubou o seu esforzo e traballo.

Vigo, 12 de xullo de 2012.- A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, destacou esta mañá a experiencia, historia e axuda “vital” que a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia ASIME leva a cabo para conseguir a revitalización do sector

Aceptando a invitación dos seus responsables por coñecer a súa sede e nunha primeira visita institucional, Bravo Bosch percorreu as instalacións e mantivo un encontro co seu presidente, Julio Gómez; co vicepresidente e secretario xeral, Javier Martínez; e co secretario xeral adxunto e portavoz, Henrique Mallón, onde lle trasladaron a situación do sector metalúrxico no que respecta ao naval, a automoción e a industria auxiliar

A representante da Administración autonómica na cidade agradeceu así a invitación dos representantes de ASIME para coñecer por primeira vez as súas instalacións ademais de loubar o seu esforzo por conseguir máis traballo xa que, coma dixo, “a calidade e eficacia están garantidas”.

Por último, tanto presidente coma portavoz de ASIME agradeceron o apoio da Xunta de Galicia ao sector metalúrxico e naval e, neste senso, a delegada amosouse optimista e confiada porque este verán cambie a perspectiva no sector naval.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: