ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A COLABORACIÓN ENTRE AS EMPRESAS DO SECTOR DAS TIC PARA MELLORAR A SÚA COMPETITIVIDADE E AVANZAR NA INTERNACIONALIZACIÓN

O director do Igape participou nunha xornada sobre as axudas da Xunta para a creación e a consolidación de empresas innovadoras das tecnoloxías da información e a comunicación organizada por Xesgalicia

§ Javier Aguilera lembra que estas compañías teñen á súa disposición instrumentos especializados como os fondos de capital risco i2C, Xes Innova, Xes Posibilita ou Emprende, dotados con 23 millóns de euros

Santiago, 12 de xullo de 2012.- A Consellería de Economía e Industria aposta pola colaboración entre empresas galegas do sector das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) como fórmula para avanzar na mellora da súa competitividade e a súa internacionalización. Segundo manifestou o director xeral do Igape, Javier Aguilera, na apertura dunha xornada técnica sobre as axudas da Xunta para a creación e consolidación de empresas innovadoras do sector, existe un marco de apoio de privilexio para apoiar este tipo de proxectos, mediante préstamos participativos ou a través de programas do Igape. Con todo, salientou que as posibilidades do sector medrarán se existe cooperación entre as empresas para mellorar e para saír ao exterior.

Durante a súa intervención na xornada organizada por Xesgalicia en colaboración co Clúster TIC, Aguilera Navarro salientou que a Consellería de Economía e Industria dispón de instrumentos especializados como os fondos de capital risco i2C, Xes Innova, Xes Posibilita ou Emprende, dotados con 23 millóns de euros, para facilitar a posta en marcha ou o desenvolvemento de proxectos especialmente innovadores.

O director xeral do Igape salientou o importante esforzo do actual Goberno galego para favorecer as iniciativas de incorporación da innovación aos procesos e produtos das empresas galegas e para impulsar a internacionalización das pemes galegas. Aguilera Navarro recordou que nesta lexislatura o Igape aprobou máis de 3.000 proxectos para facilitar a mellora da competitividade das empresas galegas, mediante a incorporación de tecnoloxía e innovación aos procesos e produtos, e destacou igualmente a aprobación de máis de 2.700 proxectos ou iniciativas de internacionalización.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: