O BNG insta ao concello a solucionar os problemas de seguridade vial no paseo do porto da Guarda

“O            Alcalde da Guarda debe buscar unha solución e non esperar a            que            ocorra unha desgraza”
O          BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presetou un escrito no concello da          Guarda, onde se insta ao grupo de goberno a que tome as          medidas          pertinentes para solucionar os problemas de tráfico que hai no          paseo          do porto da Guarda.

Para          o          BNG a situación que está a xerar a circulación constante de          vehículos, nalgúns casos, a velocidades non adecuadas, están          pondo          en serio perigo a calquera que pasee por esta zona do porto.

Haique          lembrar que na rúa do Porto hai unha alta concentración de          terrazas, de bares e restaurantes e que é un lugar moi          utilizado          para o paseo de pequenos e maiores. A queixas de persoas que          transitan pola zona son constantes, lamentando que o paseo          remate por          converterse nunha rúa máis da Guarda transitada por vehículos.

“O            Alcalde debe buscar unha solución a esta situación, non            esperar a            que ocorra unha desgraza e ter que lamentarmos de non tomar            medidas a            tempo”, comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do          BNG.

Para          o          BNG hai que promover un uso racional do paseo, conciliar as          necesidades de residentes, proveedores, … co uso e disfrute          que se          derivan dunha zona de paseo.

Somoscoñecedores          de que esta zona está xestionada polo ente de Portos de          Galiza, mais existe unha responsabilidade por parte do          concello de          velar pola seguridade de aquelas persoas que por alí transitan          dado          que está dentro do termo municipal.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: