UNHA VINTENA DE EMPRESAS PRESENTAN A SÚA OFERTA PARA A EXECUCIÓN DAS OBRAS DE MELLORA DE SEGURIDADE VIAL E REHABILITA​CIÓN DA TRAVESÍA DE CANGAS

  • A necesidade desta actuación, licitada por 400.000 euros, está xustificada debido aos importantes danos que presenta o firme desta estrada ao seu paso polo núcleo urbano de Cangas
  • A previsión da Xunta é iniciar a obra en outono e rematala neste mesmo ano
  • O proxecto beneficia a preto de 27.000 habitantes do Concello de Cangas e a súa área de influenza

Santiago, 11 de xullo de 2012.- Un total de 22 empresas presentaron a súa oferta á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para executar as obras de mellora de seguridade vial e rehabilitación do firme da Travesía de Cangas, entre os puntos quilométricos 19+100 ao 20+195, da estrada que une os núcleos pontevedreses de Marín e Rande (PO-551).

Esta actuación, licitada a través da Sociedade Galega de Investimentos (SPI) por un total de  400.000 euros, é necesaria debido aos importantes danos que presenta o firme desta estrada, polo que se tomou a decisión de executar este proxecto co obxecto de mellorar a seguridade vial e a comodidade dos seus usuarios. A Axencia Galega de Infraestruturas fixa o inicio desta actuación viaria para o mes de outubro.

As unidades principais de obra centraranse no fresado do firme, estendido de mestura bituminosa en quente e colocación de sinalización e balizamento. Ademais da reposición de sumidoiros e 650 metros, de tubo de drenaxe, entre outros elementos. Deste xeito mellorarase un treito desta estrada dunha lonxitude total de 1.095 metros. A previsión da Xunta é que os traballos desta actuación, que rematarán coa disposición e colocación da sinalización horizontal e vertical, finalicen este mesmo ano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: