A ESCOLA INFANTIL DE TUI, QUE OFERTARÁ 82 PRAZAS, ESTARÁ EN FUNCIONAME​NTO ANTES DE QUE REMATE O CURSO 2012/2013

  •  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe a parcela onde se construirá esta instalación, que será o primeiro centro público de educación infantil do concello
  • As obras da escola infantil comezarán de xeito inmediato
  • Na súa construción e equipamento vanse investir máis de 650.000 euros
  • Coa súa apertura, as prazas da rede autonómica de 0-3 anos na comarca do Baixo Miño elevaranse ata as 205, o que supón un incremento da oferta do 40 por cento
  • A titular do departamento autonómico tamén se desprazou ata O Porriño, onde a Xunta investiu 1,6 millóns de euros en materia de emprego o ano pasado
  • En 2012, o Goberno galego destinará máis de 250.000 euros a catro accións formativas para desempregados
  • Mato visitou o centro de formación e emprego municipal de Torneiros

Tui (Pontevedra), 13 de xullo de 2012.- A nova escola infantil de Tui entrará en funcionamento antes de que remate o curso 2012/2013. Esta instalación, que será o primeiro centro público de educación de 0-3 anos do concello, contará con 82 prazas, divididas en 6 unidades.

 Así o salientou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a súa visita á parcela onde se construirá este centro. Alí, a titular do departamento autonómico mostrou a súa satisfacción por ter superado as eivas na tramitación deste terreo e recordou que na construción e equipamento desta escola infantil investiranse máis de 650.000 euros.

 Coa apertura deste centro, explicou a conselleira, a oferta de prazas da rede autonómica A Galiña Azul na comarca do Baixo Miño elevarase ata as 205, o que supón un incremento do 40 por cento.

“Grazas a esta nova escola infantil, as familias de Tui gozarán dun recurso que garante unha educación de calidade para os nenos e nenas do concellos e facilita a conciliación da vida persoal, laboral e familiar”, sinalou Mato, quen destacou que a conciliación é un dos retos actuais e “un dos factores que máis valoran os pais e nais á hora de ter fillo, segundo desvela a enquisa sobre cambio demográfico e familia presentada recentemente”.

Por iso, a Xunta está a acometer un importante esforzo na creación de prazas de escolas infantís. De feito, desde o inicio da lexislatura, téñense creado máis de 2.400 prazas na rede autonómica, isto é, a oferta actual é un 44 por cento maior á que había en 2009.

No que se refire á provincia de Pontevedra, o número de prazas públicas de 0-3 anos aumentou en máis de 1.000, o que supón un aumento do 51 por cento con respecto ao que existía en abril de 2009.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: