A XUNTA LAMENTA A ACTITUDE DE ASIME E OS SINDICATOS QUE INTEGRAN A MESA DO SECTOR NAVAL POR ABANDONAR O ENCONTRO FIXADO PARA HOXE

O Goberno galego considera esta mesa como un foro de debate e consenso que permite unha maior cohesión dos axentes implicados no sector

§ Na mesa, presidida polo director xeral de Industria, íanse tratar diversos asuntos entre os que figuran os resultados da primeira reunión mantida polo grupo de traballo do dique flotante de Navantia

§ Ademais, na mesa estaba previsto aprobar un paquete de medidas do sector naval para que sexan adoptadas polo Goberno central.-

  • O Goberno galego considera esta mesa como un foro de debate e consenso que permite unha maior cohesión dos axentes implicados no sector
  • Na mesa, presidida polo director xeral de Industria, íanse tratar diversos asuntos entre os que figuran os resultados da primeira reunión mantida polo grupo de traballo do dique flotante de Navantia
  • Ademais, na mesa estaba previsto aprobar un paquete de medidas do sector naval para que sexan adoptadas polo Goberno central

Santiago, 13 de xullo de 2012.- A Xunta de Galicia lamenta a actitude dos sindicatos que integran a Mesa do Sector Naval que abandonaron a sala negándose a celebrar unha reunión na que se ían tratar aspectos de relevancia para o presente e futuro da industria naval galega. O Goberno galego non comparte a postura dos sindicatos xa que considera esta mesa como un foro de debate e consenso que permite unha maior cohesión dos axentes implicados no sector.

O director xeral de Industria, Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, presidente da Mesa integrada por ASIME, UGT, CCOO e a CEG,  ía informar hoxe sobre diversos asuntos de interese para o sector, entre os que figuran os resultados da primeira reunión mantida en Ferrol polo grupo de traballo do dique flotante de Navantia, do que a Xunta de Galicia forma parte.

Ademais, na mesa de hoxe estaba previsto aprobar o paquete de medidas do sector naval, debatidas durante os últimos meses, para que foran adoptadas polo Goberno central, e íase presentar tamén a convocatoria de formación por parte da Xerencia do Sector Naval, para levar a cabo cursos de especialización para traballadores da industria auxiliar en EREs suspensivos ou temporais.

Asime e sindicatos negáronse a celebrar a reunión alegando que a Xunta non informa na mesa do naval de todos os avances do sector naval polo que o director xeral de Industria lles propuxo unha nova convocatoria de mesa para tratar eses e outros asuntos que soliciten, proposta que foi rexeitada.

A Xunta de Galicia lamenta a postura dos sindicatos e salienta que está a realizar una intensa labor polo naval galego, insistindo e propoñendo solucións para conseguir un novo tax lease que permita á industria galega traballar en condicións de competitividade. Ademais,  ten conseguido logros importantes nas últimas semanas, como o acordo alcanzado con Pemex para a construción de 14 remolcadores por estaleiros galegos que, de feito, xa comezaron a concretar aspectos relacionados cos modelos, prazos e contratos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: