O DOG PUBLICA HOXE A ORDE POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMEN​TO DE ADMISIÓN DAS 100 NOVAS PRAZAS DA ESCOLA INFANTIL DA GOTA DE LECHE

  •   O prazo de presentación de solicitudes comeza o vindeiro luns, día 16 de xullo, e remata o 31 deste mesmo mes, para entrar en funcionamento no mes de setembro.
  • A nova escola infantil da Gota de Leche contará cunha superficie total de 1.200 metros cadrados e ubicarase entre as plantas semisoto e baixa do edificio ademais de recuperar a zona axardinada, que se dotará dunha ampla zona de xogos.
  • A Consellería de Traballo e Benestar investiu máis de 500.000 euros na súa posta en marcha.
  • A cidade de Vigo pasará a contar cun total de 628 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos, o que supón un incremento dun 60% nos últimos anos.

Vigo, 13 de xullo de 2012.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se regula o procedemento de adxudicación das 100 novas prazas de 0 a 3 anos para a escola infantil do edificio San Paio ou máis coñecido coma Gota de Leche, onde a Consellería de Traballo e Benestar investiu un total de 519.554 euros.

Desta maneira, o vindeiro luns día 16 de xullo se inicia o prazo de presentación de solicitudes para matricular aos nenos e nenas, rematando o mesmo o día 31 deste mesmo mes e co obxectivo de que a escola inicie a súa actividade no mes de setembro.

 A nova escola infantil da Gota de Leche contará cunha superficie total de 1.200 metros cadrados e se ubicará entre a planta semisoto e a planta baixa do edificio. Ademais, se recuperará a zona axardinada, que se dotará cunha ampla zona de xogos. As aulas para os cativos, que estarán divididas en oito unidades -3 para nenos e nenas de 0-1 anos; 2 para 1-2 anos; e 3 para 2-3 anos- ubicaranse na planta baixa, onde tamén haberá zonas de usos múltiples así coma un acceso adaptado, recepción e zona para carriños.

 Mentres, na planta semisoto haberá tres áreas diferenciadas. Unha de servizos e instalacións (cociña, comedor, calefacción, almacéns, cámaras e lavandería); unha segunda para vestiarios do persoal con aseos adaptados e, por último, un área pedagóxica e de xestión onde estaría ubicado o despacho de dirección, aulas de formación e salas de mestres. Esta zona tería un acceso independente para o persoal do centro.

 Coa posta en marcha da escola infantil da Gota de Leche, Vigo incrementará o seu número de prazas en escolas infantís para nenos e nenas de 0 a 3 anos, co que antes de que remate o ano a Administración autonómica disporá dun total de 628 prazas, o que supón un incremento dun 60% nos últimos anos.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

4 Respuestas a “O DOG PUBLICA HOXE A ORDE POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMEN​TO DE ADMISIÓN DAS 100 NOVAS PRAZAS DA ESCOLA INFANTIL DA GOTA DE LECHE”

  1. Http://www.facebook.com dice :

    Hi there would you mind letting me know which hosting company you’re working with? I’ve loaded your blog in 3 different browsers and I must say this
    blog loads a lot faster then most. Can you suggest a
    good hosting provider at a reasonable price? Thank you, I appreciate it!

  2. Agustin dice :

    Hi there! This is my first visit to your blog!
    We are a group of volunteers and starting a new project in a community in the same niche.
    Your blog provided us useful information to work on. You have done a
    marvellous job!

  3. https://www.facebook.com/DentalImpressionKitCouponCode dice :

    Now I am ready to do my breakfast, afterward having my breakfast coming again to read
    additional news.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: