XUNTA E O EQUIPO REDACTOR DA ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO MANTERÁN O VINDEIRO LUNS A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO PARA DEFINIR A INTEGRACIÓ​N DA ESTACIÓN DE AUTOBUSES

  • Hernández agradece á ministra de Fomento e ao secretario de Estado que teñan en conta á Xunta para que a futura estación do AVE de Vigo sexa verdadeiramente intermodal,

Santiago, 13 de xullo de 2012.- A Xunta de Galicia incorpórase ao proxecto da estación intermodal de Vigo coa súa participación na definición e construción da terminal de autobuses, que estará integrada plenamente no deseño realizado por Thom Mayne para a futura estación do AVE en Urzáiz.  

Así o confirmou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, logo de participar na reunión convocada polo secretario de Estado de Infraestruturas, Transporte e Vivenda, Rafael Catalá, co obxectivo de abordar coas administracións implicadas e coas entidades representativas da cidade o desenvolvemento da estación intermodal de Vigo.

Hernández agradeceu á ministra de Fomento e ao propio secretario de Estado que teñan en conta á Xunta para que a futura estación de Vigo sexa verdadeiramente intermodal, proceso do que o departamento autonómico viu sendo excluído ata a chegada do actual Ministerio.

“Agora faremos un esforzo de análise e de participación que se concretará nunha primeira reunión que terá lugar o vindeiro luns entre o director xeral de Mobilidade e o equipo redactor do proxecto da estación para definir os parámetros básicos que debe ter a terminal de autobuses para estar plenamente integrada na intermodal”, anunciou o conselleiro, que adiantou ademais o propósito da consellería de licitar este mesmo ano a redacción do proxecto correspondente.

Tamén salientou que será necesario un espazo maior que o que aparece recollido no PXOM para que a estación de autobuses sexa plenamente operativa, circunstancia “para a que hoxe o alcalde de Vigo garantiu hoxe a colaboración do concello”, informou Hernández.

O investimento previsto pola Xunta de Galicia para a redacción do proxecto ascenderá a uns 500.000 euros, mentres que a construción da estación contará cun investimento aproximado de 20 millóns de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: