A XUNTA E O EQUIPO REDACTOR DA ESTACIÓN INTERMODAL DE VIGO INICIAN O TRABALLO DE COORDINACI​ÓN QUE PERMITIRÁ A PLENA INTEGRACIÓ​N DA TERMINAL DE AUTOBUSES

  • O director xeral de Mobilidade recibiu esta tarde aos membros do equipo Mayne, cos que fixou un calendario de reunións para avanzar de xeito coordinado nas tarefas necesarias
  • O obxectivo da Consellería é dispor dun estudo no que se fixe a superficie necesaria de ocupación da nova terminal de autobuses, as necesidades funcionais, e as conexións coa terminal ferroviaria
  • A previsión de Xunta é iniciar a tramitación da redacción do proxecto da nova terminal de autobuses este mesmo ano

Santiago, 13 de xullo de 2012.- A Xunta de Galicia e o equipo redactor do proxecto da estación intermodal de Vigo celebraron esta tarde un encontro técnico para iniciar o traballo de coordinación que permitirá a plena integración da terminal de autobuses na futura intermodal da cidade olívica.

O director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, xunto cos técnicos da dirección xeral e o equipo redactor do proxecto da futura estación do AVE en Urzáiz, presidiu a primeira das reunións, na que se lle trasladou ao equipo de Thom Mayne as necesidades funcionais da nova terminal de autobuses.

A Xunta comprometeuse remitir ao equipo redactor información técnica para a súa análise, co obxectivo de establecer os aspectos claves que definan a integración da terminal de autobuses na futura intermodal de Vigo.

Co proceso iniciado esta tarde, o propósito da Consellería é dispor dun estudo que fixe a superficie necesaria de ocupación da nova terminal de autobuses, as súas necesidades funcionais, as súas conexións coa terminal ferroviaria e a accesibilidade necesaria para as entradas e saídas dos autobuses e a mobilidade e accesibilidade dos usuarios entre ámbalas dúas terminais.

En virtude dese traballo, se poderá realizar un predeseño da estación de autobuses e dispor dos datos necesarios para concretar o espazo maior que o que aparece recollido no PXOM para que a estación de autobuses sexa plenamente operativa.

 Ademais, esta documentación será incorporada ao prego que servirá de base para da redacción do correspondente proxecto, cuxa tramitación se iniciará dentro deste mesmo ano.

Con esta previsión, a Xunta poderá conseguir que a nova estación de Vigo sexa unha estación verdadeiramente intermodal, a disposición dos cidadáns da cidade e de toda a área metropolitana. Tal e como manifestou a semana pasada o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o Goberno galego traslada o seu compromiso de coordinar o traballo para que, mentres o Ministerio executa a estación de Vigo definitiva, a Xunta avance en paralelo, co fin de acadar unha estación verdadeiramente intermodal, integrada no propio complexo da estación Vigo-Urzáiz.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: