XUNTA AMPLÍA EN 32 MILLÓNS DE EUROS O IMPORTE DAS AXUDAS PARA A TRANSFORMA​CIÓN E A COMERCIALI​ZACIÓN

  • Con este incremento, en total a Consellería do Medio Rural e do Mar destina a este fin 51 millóns euros na convocatoria de 2012

Santiago, 16 de xullo de 2011.-  A Consellería do Medio Rural e do Mar amplía o importe de axudas para a transformación e comercialización en 32 millóns de euros potenciando un maior desenvolvemento do sector. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde na que se especifica o importe que se amplía para a convocatoria de 2012 co obxectivo de incrementar o número de beneficiarios destas axudas. Deste xeito, o departamento que dirixe Rosa Quintana afianza o seu compromiso de mellorar a competitividade para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia.

O incremento realizouse tras recibir gran demanda destas axudas e súmase á cantidade de 19 millóns de euros destinada para tal fin na convocatoria de 2012, segundo a orde do 12 de decembro de 2011. Deste xeito, en total, a Consellería do Medio Rural e do Mar destina nesta convocatoria 51 millóns de euros a este fin.

Obxecto e beneficiarios das axudas

Estas subvencións están destinadas a investimentos no ámbito da transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura. As achegas teñen como obxectivo contribuír á modernización e innovación tecnolóxica das instalacións existentes e ao establecemento de novos centros produtivos deste ámbito.

Poderán acollerse a estas axudas os titulares de establecementos de transformación ou comercialización de produtos de pesca, marisqueo e acuicultura xa existentes en Galicia e aquelas que establezan novos centros na nosa comunidade.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: