ECONOMÍA E INDUSTRIA ACHEGA EN VIGO AS OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO DOS FONDOS DE XESGALICIA ÁS PEMES INNOVADORAS

  • O director da sociedade que xestiona os fondos de capital risco da Xunta, Juan Cividanes, destaca as posibilidades que ofrece o Fondo i2C nunha xornada técnica do Club Financeiro de Vigo

Vigo, 17 de xullo de 2012.- A Consellería de Economía e Industria achegou as oportunidades de financiamento que ofrece a Xunta ás pemes con proxectos innovadores a través dos fondos que xestiona a sociedade XesGalicia, na xornada técnica que se desenvolveu hoxe no Club Financeiro de Vigo (CFV)

O director da sociedade que xestiona os fondos de capital risco da Xunta, Juan Cividanes, salientou as posibilidades de apoio alternativo para o financiamento de investimentos, especialmente para proxectos tecnolóxicos e innovadores, a través de fondos especializados como i2C, Xes Innova, ou Emprende, dotados con 23 millóns de euros

En concreto fíxose referencia ao novo fondo tecnolóxico i2C, creado pola Consellería que dirixe Javier Guerra, que vai dirixido a proxectos cun marcado carácter innovador, con especial atención aos que resulten do esforzo por valorizar o coñecemento no sistema galego de I+D+i, sendo o investimento mínimo requirido polos proxectos que aspiren a cofinanciarse a través deste fondo tecnolóxico é de 600.000 euros.

Outro dos novos fondos de, aos que fixo referencia o director de XesGalicia, foi o XesInnova co que a Consellería de Economía e Industria apoia ás pemes con novos proxectos innovadores desde o inicio dos seus proxectos até a súa transformación nunha empresa con importantes perspectivas de rendibilidade, momento en que poderían pasara a obter financiamento do Fondo Emprende.

Segundo destacou o director co XesInnova apoiase a produción, investigación e desenvolvemento de todo tipo de actividades, preferentemente a partir de ideas vinculadas á biotecnoloxía, ás telecomunicacións, ás enerxías renovables ou ao medio ambiente, así como calquera outras ideas vinculadas ao desenvolvemento tecnolóxico. Neste caso, o investimento medio por proxecto estará comprendido entre 100.000 e 200.000 euros.

Nesta xornada organizada polo CFV participarán tamén representantes da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), dependente do Ministerio de Industria, Energía y Turismo, e da sociedade de capital risco Vigo Activo.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: