O BNG presenta unha moción na Guarda sobre a supresión do copago farmacéutico

“Dende    o BNG queremos outra xestión sanitaria, que non se centre    en recadar  das persoas enfermas senón en atendelas dignamente.
A      Guarda, 16 xullo 12. O    Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no      rexistro do concello     unha moción para a supresión do copago farmacéutico ás     persoas       pensionistas.

A entrada en vigor do novo        copago        farmacéutico imposto polo Goberno do Estado do PP incorpora ao        copago a máis de 725.000 pensionistas e aumenta a aportación de        centos de miles de persoas activas.

As persoas          obrigadas ao          copago farmacéutico poideron xa comprobar desde un primeiro          momento          como a realidade do recorte as afectaba gravemente. De feito          pensionistas con persoas que dependen da súa cartilla, teñen          que          soportar un duplo ou triplo tope de 8 ou 18 euros.

O          BNG sinala que o Goberno galego ten competencias e capacidade          para          evitarlle ás persoas enfermas e pensionistas que residen en          Galiza          este recorte dos seus ingresos, pero o goberno do PP na Xunta          toma a          decisión de non facelo, para non ser un problema para Madrid,          xa que          prefire ser un problema para as persoas pensionistas de          Galiza.

“Dende              o BNG queremos outra xestión sanitaria, que non se centre              en recadar              das persoas enfermas senón en atendelas dignamente, nunha              sanidade              que sexa un elemento de redistribución de riqueza e que              sexa              financiada suficientemente dende os impostos”comentou Xan Lois Lomba, portavoz municipal do BNG.

O            BNG            advirte que o Goberno galego está a tempo de rexeitar estas            medidas            retrógradas e insolventes impostas polo PP dende o Goberno            do            estado.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: