Comunicado Concejal Carlos López Font – Vigo

 

 

Vigo, 18 de xullo de 2012.

 

–Ao respecto das declaracións realizadas hoxe polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, nas que afirma que houbo unha reunión previa ao inicio dos traballos de fresado e asfaltado da PO-325, no treito Vigo Nigrán, o concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Carlos López Font, insiste en que estas afirmacións son completamente falsas. “O conselleiro minte cando asegura que avisaron ao Concello e notificaron o inicio destes traballos. O luns 16 de xullo comezaron as obras neste vial, competencia da Xunta de Galicia, sen que o Concello soubera nada das mesmas. Traballos que son a causa de que miles de vigueses quedaran atrapados o luns e o martes en importantísimas retencións de tráfico no seu regreso das praias. Só por ter un dato, no caso do luns o colapso chegou as 4 horas de duración. Neste mesmo luns e na intervención que ten que facer a Policía Local se require da empresa o permiso de obra e o encargado di que non o ten. Parécenos inadmisible non so que inicien as obras neste momento do ano, en pleno período de afluencia as praias, senón que por riba o conselleiro intente enganar aos cidadáns de Vigo. Ante as retencións provocadas polos traballos que acomete a Xunta de Galicia a Policía Local tivo que intervir facendo todo o que estivo nas súas mans.  Pero a situación volveuse a repetir onte martes 17 de xullo, día en que a empresa ponse en contacto con técnicos do Concello para recoñecer que se olvidaron de avisar. Neste martes 17, un día despois do inicio da obra, é cando comunican ao Concello a través dun correo electrónico que se vai proceder ao aglomerado do cruce da rotonda da VG-20 á rotonda de Canido e que a obra durará desde o 17 ata o 31 deste mes de xullo. Reitero que ata onte pola mañá este Concello non tivo coñecemento da actuación e é entón cando se lles autoriza, pero en horario nocturno. Así, a Xunta de Galicia volve a incumplir porque hoxe mesmo seguen a facer a obra fora do horario permitido coa previsión de que se volvan a producir importantes retencións de tráfico na zona. Isto non fai máis que demostrar a forma de traballar desta consellería e dun conselleiro que é un mentiroso activo. Lamentamos que haxa xente así no gobernon de Galicia.

Carlos López Font

Concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: