Archive | julio 20, 2012

OS CONCELLOS QUE DESEXEN ADHERIRSE AO SERVIZO PROVINCIAL DE ACOLLIDA DE ANIMAIS PODERÁN FACELO POR DELEGACIÓN DE COMPETENCI​AS

  Recolleranse cans abandonados nos concellos que se adhiran e cans e gatos mortos nas estradas

·        Louzán destaca o notable aforro que suporá esta iniciativa provincial.

Os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia de Pontevedra que desexen adherirse ao servizo provincial de acollida de animais poderán facelo por medio da delegación de competencias, segundo se recolle nun convenio marco que hoxe foi informado favorablemente na comisión informativa de Medio Ambiente. Leer más…

LOUZÁN FELICITA AOS DEPORTISTA​S PONTEVEDRE​SES QUE PARTICIPAR​ON NO CAMPIONATO DE EUROPA JUNIOR DE BALONMÁN E NA COPA DE EUROPA SUB-19 DE FÚTBOL

  O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e os deputados Xosé Crespo, Ana Isabel Vázquez e Begoña Estévez recibiron hoxe no Pazo Provincial aos tres xogadores de balonmán pontevedreses que participaron no Campionato de Europa Junior –Pablo Cacheda, David Chapela e Víctor Rodríguez- e a Denis Suárez Fernández, futbolista do Mánchester e membro da selección española sub-19 que vén de proclamarse campiona de Europa.

Os 4 deportistas foron agasallados cunha placa coa que a Deputación Provincial quere recoñecer os seus éxitos deportivos e felicitalos pola boa labor que están a desenvolver e que contribúe a situar a Pontevedra na cima do deporte.

Nesta liña, tanto o presidente como os xogadores e os deputados participantes no encontro incidiron na contribución ao desenvolvemento da provincia en materia deportiva que están supoñendo iniciativas como as escolas deportivas, os investimentos en infraestruturas e o apoio económico aos distintos clubs e deportistas.

PHotoEspañ​a 2012 finaliza esta semana alcanzando los 640.000 visitantes

  La organización destaca la complicidad e implicación del público en las propuestas de la XV edición

PHE12 ha apostado por la creación de nuevas actividades, acciones alternativas y una gran presencia en redes sociales pese a que el presupuesto ha disminuido en un 25%

La difusión del Festival se ha incrementado, superando las 2.000 reseñas en prensa, radio, televisión y webs nacionales e internacionales

Las actividades de PHotoEspaña proseguirán en otoño con la cuarta edición de Trasatlántica, que organizará actividades en Miami y Costa Rica

El Premio del público ha correspondido a la exposición Aquí estamos que podrá visitarse en el Círculo de Bellas Artes hasta este domingo 22 de julio

A XUNTA INICIA O PROCEDEMEN​TO PARA ADXUDICACI​ÓN DE 26 VIVENDAS PROTEXIDAS DE PROMOCIÓN PRIVADA NO CONCELLO DE PONTEAREAS

  • Sortearanse entre os inscritos no Rexistro de Demandantes ou persoas que a 19 de xullo tiveran presentado a súa solicitude de inscrición
  • Quenes cumpran ese requisito e desexen participar no sorteo deberán solicitalo no Rexistro de Demandantes

Santiago, 20 de xullo de 2012.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou o procedemento para a adxudicación, a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda, de 26 vivendas protexidas de promoción privada construídas no concello de Ponteareas.

As vivendas adxudicaranse por sorteo entre aquelas persoas que a 19 de xullo de 2012 estiveran inscritas no Rexistro de Demandantes ou tiveran presentado solicitude de inscrición no concello e réxime correspondente. Os interesados dispoñen de quince días para solicitar a súa inscrición no sorteo.

A meirande parte das vivendas que se adxudicarán están emprazadas en Perillana e Baixada á Fonte do Baratillo. Trátase de 24 vivendas, cuxas caracterísiticas e prezos se detallan no seguinte cadro.

Localización: Perillana e Baixada á Fonte do Baratillo – Ponteareas

Nº vivendas Nº dormitorios Superficie Prezo
12 2 De 55,60 a 74,84 m2 De 67.431,68 ata 90.765,95 €
12 3 De 76,79 a 90,00 m2 De 93.130,91 ata 109.152,00 €

Garaxe: 18.192 €. Rocho: de 2.634,20 a 5.821,44 €

As outras dúas vivendas emprazánse na rúa Salvaterra:

Localización: Salvaterra, 14. Ponteareas

Nº vivendas Nº dormitorios Superficie Prezo
1 1 44,23 m2 53.642,14 €
1 3 82,00 m2 99.449,60 €

Garaxe: 18.192 €

PORTOS DE GALICIA CELEBRA UNHA XORNADA PARA POTENCIAR O TRÁFICO MARÍTIMO DE PASAXEIROS NAS RÍAS DE AROUSA, PONTEVEDRA E VIGO

  • A xornada, que terá lugar en Vilanova de Arousa, pretende potenciar o transporte marítimo de pasaxeiros como alternativa ao tráfico rodado e para complementar a oferta turística 

Santiago, 20 de xullo de 2012.- O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, presidirá mañá a I Xornada dedicada ao transporte marítimo de pasaxeiros nas Rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, que se celebrará nas instalacións da Casa do Mar en Vilanova de Arousa.

A Consellería do Medio Rural e do Mar pretende a través deste foro promocionar, divulgar e informar do tráfico de pasaxeiros nas rías galegas, especialmente en Arousa, Pontevedra e Vigo, así como implicar a todos os sectores que rodean o transporte marítimo para buscar novas vías e posibilidades.

Neste sentido, Portos de Galicia pretende impulsar nas rías galegas este tipo de transporte, máis sostible e económico, como unha alternativa ao tráfico rodado. O ente público quere potenciar o transporte marítimo tamén como un complemento para reforzar a oferta turística. Compre incidir que este tipo de transporte é perfectamente compatible coa actividade pesqueira

A xornada de mañá constará de tres relatorios. O primeiro, a cargo do Presidente de Portos de Galicia, versará sobre os portos de Galicia, as estacións marítimas e o tráfico de pasaxeiros. Pola súa banda, a secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, falará sobre os aspectos históricos do transportes nas rías e o turismo mariñeiro. Por último, o director xeral de Mobilidade, Miguel Rodríguez Bugarín, centrará o seu relatorio na xestión dos servizos públicos regulares de transporte marítimo de pasaxeiros de curta distancia e o terceiro centrarse no turismo mariñeiro.

Ao finalizar os relatorios realizarase unha mesa redonda na que tamén participarán integrantes das mancomunidades Arousa Norte e O Salnés, ademais de algúns operadores de transporte marítimo así como representantes de Turismo Rías Baixas.

MÁIS DE 2.300 PERSOSAS BENEFICIÁR​ONSE EN 2011 DOS PROGRAMAS DE MOBILIDADE POSTOS EN MARCHA POR XUVENTUDE

  • O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos participantes en dous intercambios internacionais do programa de participación e mobilidade ‘Xuventude en Acción’ da Unión Europea en Vedra e Boqueixón
  • Ovidio Rodeiro lembrou que un dos nove eixos do Plan estratéxico de Xuventude é o fomento da mobilidade xuvenil, entendida como a adquisición de novas capacidades nun entorno cultural e social novo
  • Esta formación “deberá  servir para a posterior posta en prácticas de novas ideas e novas formas de traballar”, ademais de outorgar un “plus curricular” aos mozos e mozas participantes Leer más…

CETMAR

  O CETMAR ESPERA QUE O CENTRO MULTIPOLAR DE VALORIZACIÓN DE RECURSOS E RESIDUOS MARIÑOS SEXA UN REFERENTE PARA O SECTOR PESQUEIRO

§ A directora-xerente do Centro Tecnolóxico do Mar, Paloma Rueda Crespo, manifestou a súa confianza en que este novo servicio, presentado hoxe no seminario de peche do proxecto IBEROMARE, axude a resolver os problemas dos profesionais do mar cara ao tratamento dos subprodutos  e residuos-.-

O CENTRO TECNOLÓXICO DO MAR RECIBE AO DIRECTOR DA AGENCIA EUROPEA DE CONTROL DE LA PESCA NUNHA VISITA INSTITUCIONAL

    Pascal Savouret coñeceu de man da directora-xerente da Fundación CETMAR, Paloma Rueda Crespo, as liñas de traballo da institución

PASSO COELHO RECIBE AL EIXO ATLANTICO EN LISBOA 27 DE JULIO

El Primer Ministro de Portugal recibe  a los dirigentes del Eixo Atlántico 

La reunión con Passos Coelho tendrá lugar el próximo día 27 de julio en el Palacio de San Bento, en Lisboa

Vigo, 20 de julio de 2012.- El gabinete del Primer Ministro de Portugal ha comunicado a la secretaría general de Eixo Atlántico que el próximo día 27 de julio, a las 15h. (hora de Portugal) el Primer Ministro luso, Pedro Passos Coelho, recibirá en el Palacio de San Bento, en Lisboa, al Presidente del Eixo Atlántico, y alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, al vicepresidente y alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez y al secretario general de la entidad, Xoan V. Mao. Leer más…

Concierto de Pablo Cameselle en La Pecera sabado 21 de julio

  Concierto de Pablo Cameselle en La Pecera ( Pizarro, 35) a las 22:30. Entrada gratuita

Noche de Blues, Funk y Rock de la mano de Pablo Cameselle, con temas propios y versiones.

Influenciado por la música de los 60’s, 70’s y 80’s, de bandas como The Doors, Jimi Hendrix, Bob Dylan, Chuck Berry, Rolling Stones, B.B.King o Muddy Waters.

Los Panchos en Vigo

 O luns 30 de xullo, o Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo subirá o pano para presentar a actuación dun clásico do panorama musical internacional. Los Panchos estarán na cidade olívica para trasladar ao público «La magia del bolero». A cita terá lugar ás 20:30 h.

Los Panchos actuarán en Vigo de la mano de Novacaixagalicia

 La histórica agrupación musical ofrecerá su único concierto en Galicia en la ciudad olívica Leer más…