A XUNTA INICIA O PROCEDEMENTO PARA ADXUDICACIÓN DE 26 VIVENDAS PROTEXIDAS DE PROMOCIÓN PRIVADA NO CONCELLO DE PONTEAREAS
- Sortearanse entre os inscritos no Rexistro de Demandantes ou persoas que a 19 de xullo tiveran presentado a súa solicitude de inscrición
- Quenes cumpran ese requisito e desexen participar no sorteo deberán solicitalo no Rexistro de Demandantes
Santiago, 20 de xullo de 2012.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou o procedemento para a adxudicación, a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda, de 26 vivendas protexidas de promoción privada construídas no concello de Ponteareas.
As vivendas adxudicaranse por sorteo entre aquelas persoas que a 19 de xullo de 2012 estiveran inscritas no Rexistro de Demandantes ou tiveran presentado solicitude de inscrición no concello e réxime correspondente. Os interesados dispoñen de quince días para solicitar a súa inscrición no sorteo.
A meirande parte das vivendas que se adxudicarán están emprazadas en Perillana e Baixada á Fonte do Baratillo. Trátase de 24 vivendas, cuxas caracterísiticas e prezos se detallan no seguinte cadro.
Localización: Perillana e Baixada á Fonte do Baratillo – Ponteareas
Nº vivendas | Nº dormitorios | Superficie | Prezo |
12 | 2 | De 55,60 a 74,84 m2 | De 67.431,68 ata 90.765,95 € |
12 | 3 | De 76,79 a 90,00 m2 | De 93.130,91 ata 109.152,00 € |
Garaxe: 18.192 €. Rocho: de 2.634,20 a 5.821,44 €
As outras dúas vivendas emprazánse na rúa Salvaterra:
Localización: Salvaterra, 14. Ponteareas
Nº vivendas | Nº dormitorios | Superficie | Prezo |
1 | 1 | 44,23 m2 | 53.642,14 € |
1 | 3 | 82,00 m2 | 99.449,60 € |
Garaxe: 18.192 €