OS AEROPORTOS DE MADRID, BARCELONA, BILBAO E SEVILLA CON VOOS DIRECTOS A PEINADOR E ALVEDRO ACOLLEN ATA O 29 DE XULLO ACCIÓNS PROMOCIONA​IS DOS DESTINOS VIGO-RÍAS BAIXAS E A CORUÑA-RÍA​S ALTAS

  As accións a público finnal inclúen actuacións musicais e entrega de elementos gráficos de promoción de Galicia. Comezaron onte e durarán dez días consecutivos en cada aeroporto
Está previsto o reparto de 60 mil elementos gráficos e 15 mil postais creados específicamente para esta acción con atractivas imaxes dos destinos Vigo-Rías Baixas e A Coruña-Rías Altas, no marco da campaña de promoción do destino Galicia nas cidades con voos de conexión directa á nosa comunidade e que desenvolve Turismo de Galicia. 

Santiago, 21 de xullo de 2012.- A T4 de Madrid-Barajas, a T1 de Barcelona-El Prat e as terminais de Bilbao e Sevilla acollen dende o xoves actuacións para promocionar o destino Galicia e os destinos Vigo-Rías Baixas e A Coruña-Rías Altas nas cidades españolas que contan con voos de conexión directa cos aeroportos galegos. Esta acción a público final enmárcase na campaña de promoción desenvolvida por Turismo de Galicia e que a semana pasada incluíu presentacións dos destinos nestas catro cidades dirixidas a prensa especializadas, axentes e touroperadores. Nesta nova iniciativa, a acción promocional que dende esta semana se pode ver nos devanditos aeroportos consiste en actuacións dunha parella de músicos ataviados con traxe rexional galegos e en entrega de material promocional dos destinos. Para isto, alugouse un espazo nunha zona comercial de cada aeroporto, na zona de saídas, sinalizandóo con displays, diante dos que a parella de músicos entregará tamén material promocional creado especificamente para a ocasión cos produtos cabeceira da Marca Galicia máis identificativos dos destinos Vigo-Rías Baixas e A Coruña-Rías Altas. Deseñáronse 60 mil elementos gráficos consistentes nun sobre que semella lacrado e que conserva os segredos do destino Galicia, preparados para ser descubertos polos viaxeiros. Tamén se deseñaron 15 mil tarxetas postais con mensaxes alusivas aos destinos e con imaxes reclamo dos produtos cabeceira da Marca Galicia. A Torre de Hércules, o Castelo de Soutomaior, as Fragas do Eume, as Illas Cíes ou a Praza da Constitución en Vigo son algúns dos recursos que se destacan nas creatividades.

Microsite www.escapateagalicia.es

Tamén dentro desta campaña, Turismo de Galicia ven de poñer en marcha o microsite www.escapateagalicia.es o pasado día 13 de xullo. Neste microsite, que a través de banners se insertará nos principais medios de comunicación dos destinos con voo directo a Galicia, tamén se realizarán sorteos de 21 viaxes de fin de semana para dúas persoas, todo incluído a Vigo-Rías Baixas e A Coruña-Rías Altas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: