UN NOVO PROGRAMA PERMITIRÁ CREAR UNHA BOLSA DE VOLUNTARIO​S FORMADA POR RECLUSOS PARA COLABORAR CON ENTIDADES GALEGAS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, presentou hoxe esta iniciativa, que leva por nome “Voluntariado desde dentro”
  • Este programa lévase a cabo en colaboración coa Asociación para a prevención da exclusión social (APES) e cos centros penitenciarios de Galicia
  • O obxectivo é crear unha bolsa de 40 persoas voluntarias e 20 entidades colaboradoras
  • Xuventude xa formou este ano en voluntariado a 71 reclusos
  • O proxecto inscríbese nos obxectivos do Plan galego de acción voluntaria, do que xa se teñen executado o 45 por cento das medidas

 Santiago, 23 de xullo de 2012.- A Consellería de Traballo e Benestar, en colaboración coa Asociación para a prevención da exclusión social (APES) e os centros penitenciarios de Galicia, veñen de poñer en marcha un programa para crear unha bolsa de voluntarios formada por persoas que cumpren condena. A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, presentou hoxe en rolda de prensa esta iniciativa, que leva por nome “Voluntariado desde dentro”. O seu obxectivo é conseguir unha bolsa de 40 persoas voluntarias e 20 entidades colaboradoras nas que estas persoas poidan colaborar.

 Para levar a cabo este programa, APES encárgase de realizar o contacto cos centros penitenciarios e facer unha selección entre os reclusos interesados. Ademais, ocuparase de xestionar o perfil máis adecuado ás necesidades das entidades que desexen acoller a cada voluntario, e manterá reunións periódicas coa bolsa de voluntarios para coñecer as súas necesidades.

 Pola súa banda, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ocúpase de promover o programa, especialmente entre as entidades sen ánimo de lucro; e de formar aos posibles candidatos. Tamén se encargará de xestionar as solicitudes das entidades que decidan contar con algún destes participantes, e de inscribir a estes últimos no “Rexistro de accións da persoas voluntarias de Galicia”, para que estas poidan ser certificadas e incorporadas ao seu currículo. Ata o momento, xa se procedeu á selección dos potenciais participantes e á súa formación en voluntariado. En concreto, ao longo deste ano, o departamento autonómico levou a cabo 5 cursos de iniciación ao voluntariado para persoas privadas de liberdade. Nesta formación participaron de xeito presencial 71 reclusos nos centros penitenciarios de Teixeiro (A Coruña), Monterroso (Lugo) e Pereiro de Aguiar (Ourense), así como nos Centros de inserción social (CIS) de Vigo e A Coruña. A partir de agora, segundo explicou Mato, afróntase a segunda fase: a promoción do programa entre as entidades galegas; a xestión das solicitudes das que estean interesadas; e a selección do mellor candidato para cada actividade segundo o seu perfil. Deste xeito, favorecerase a “reinserción social das persoas que cumpren condena, ao tempo que se sensibiliza á sociedade ante este colectivo e poténciase o labor das entidades a través da posta á súa disposición de voluntarios”

 Plan galego de acción voluntaria

Mato subliñou que esta iniciativa “encaixa á perfección” cos obxectivos marcados no Plan galego de acción voluntaria 2011-2014, que xurdiu do diálogo e o consenso con máis de 800 entidades de acción voluntaria. No ano e medio que leva en marcha este plan, xa se desenvolveron o 45 por cento das 89 medidas previstas, o que supuxo un investimento de máis de 2 millóns de euros. Unha das medidas máis destacadas é a posta en marcha do Servizo de voluntariado xuvenil, que comezou como proxecto piloto en 2011, e que este ano permitirá a 1.000 mozos e mozas galegas de entre 18 e 30 anos incorporarse aos proxectos de voluntariado que levan a cabo entidades e concellos de Galicia. Ademais, estanse a desenvolver (entre outros), programas de: voluntariado de acompañamento a persoas con alzhéimer; acompañamento domiciliario e hospitalario a persoas tuteladas pola Funga; voluntariado ambiental e dixital; e un plan de formación que ten programados 21 cursos este ano cunha estimación de 6.000 beneficiarios. A conselleira referiuse tamén a outro importante avance acadado nesta materia, como foi a aprobación de xeito unánime por parte do Parlamento da Lei de acción voluntaria a finais do pasado ano. Este texto actualiza á normativa anterior, do ano 2000, e adáptase aos novos tempos e ás recomendacións da Unión Europea. Entre outros avances, regula por primeira vez a certificación oficial da actividade voluntaria para incorporala no currículo e aposta polo fomento das novas tecnoloxías. En definitiva, rematou Mato, “a acción voluntaria permite ás persoas sentirse útiles e axuda a xerar valores moi positivos que favorecen ao conxunto da nosa sociedade. Uns valores que se multiplican cando falamos de persoas privadas de liberdade”.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: