A XUNTA CONCEDE 306.000 EUROS AOS CONCELLOS DA ÁREA DE VIGO PARA PROMOCIÓN DA IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

  •   Un total de 9 municipios benefícianse destas axudas, sendo o Concello de Vigo o que obtén a maior contía por importe de 61.060  euros
  • Igualdade realiza un pagamento anticipado do 80% das axudas concedidas

Vigo, 24 de xullo de 2012.- Os concellos da área territorial de Vigo van percibir este ano axudas da Secretaría Xeral da Igualdade por importe de 305.923 euros, para a posta en marcha de iniciativas en catro liñas de actuación: a promoción da igualdade, a prevención e tratamento da violencia de xénero, o fomento da conciliación e o apoio aos CIMs. Estas axudas foron presentadas esta mañá na Delegación da Xunta en Vigo pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada pola delegada territorial, María José Bravo Bosch.

No conxunto da zona, son beneficiarios nesta convocatoria un total de 9 concellos –Vigo, Baiona, Cangas,  Gondomar, Moaña, Nigrán, Redondela, Porriño e Sotomaior- que van recibir un pagamento anticipado do 80% do importe das axudas concedidas, unha medida adoptada por Igualdade considerando a delicada situación económica dos concellos.

Das catro liñas de actuación establecidas, a relativa ao apoio aos CIMs é a de maior dotación, cunha contía que ascende na provincia a 244.638 euros, que se distribúen oito centros. A segunda liña, por volume presupostario, é a de medidas de fomento da conciliación, con 31.697 euros, para un total de 4 concellos, que desenvolverán iniciativas como campamentos de verán ou de atención domiciliaria á infancia.

As axudas na liña de promoción da igualdade suman 18.092 euros, dos que son beneficiarios 6 concellos, para programar iniciativas que van desde o desenvolvemento de actividades de coeducación ou a elaboración de plans municipais de igualdade de oportunidades. E por último, axudas na liña de prevención da violencia de xénero ascenden  a  11.496 euros, distribuídos en 4 concellos.

A contía que percibe cada concello está en función das liñas de axudas ás que concurre e da puntuación técnica obtida polos programas presentados ás mesmas. O Concello de Vigo é o que obtén o maior volume de axudas, cun total de 61.060 euros, tras presentar solicitude ás catro liñas convocadas e ser todas resoltas favorablemente.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: