O Celta de Vigo, Medalla de Ouro da provincia 2012

 A Deputación de Pontevedra concedeu a Medalla de Ouro da provincia do 2012 ao Real Club Celta de Vigo. O presidente, Rafael Louzán, presentou esta iniciativa que foi aprobada por unanimidade de todos os grupos.

O clube vigués ven a unirse, deste xeito, as entidades que, dende a constitución das Medallas da provincia no ano 2005, obtiveron o devandito galardón. Esas entidades foron: Caixanova (2005), Citroën (2006), Pescanova (2007), Fróiz (2008), Escola Naval Militar de Marín (2009), Confederación Provincial de Empresarios (2010) e BRILAT (2011).

O Real Club Celta de Vigo naceu o 23 de agosto de 1923 como resultado da fusión de dous clubes da cidade de Vigo: o Vigo Sporting e o Real Fortuna. O seu primeiro presidente foi Manuel Bárcena e De Andrés, Conde de Torrecedeira. O actual estadio de Balaídos foi inaugurado en 1928. O clube xogou 46 tempadas en Primeira División e 32 en Segunda

Entre os seus logros máis destacados, figuran que foi tres veces subcampión de Copa, que participou unha vez na Liga de Campións e 6 na Copa da UEFA así como que foi campión da Intertoto da UEFA.

Louzán xustificou a súa proposta non só no ascenso acadado este ano á División de Honor senón por toda unha traxectoria histórica que fai do Celta de Vigo o equipo máis representativo de Galicia, o mellor embaixador das Rías Baixas e do país, o profundo arraigo do clube no corazón dos vigueses e dos galegos así como ser, tradicionalmente, o que máis apoio presta á canteira e ao deporte base. <Ser celtista é ter un plus de galego>, destacou o presidente da Deputación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: