O INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO INICIA A CELEBRACIÓN DAS ARBITRAXES PARA RESOLVER A PROBLEMÁTICA DAS PREFERENTES DE FORMA ÁXIL E GRATUITA
O Goberno galego agarda que os primeiros laudos se resolvan en poucos días.
As persoas que solicitaron a arbitraxe recibirán nos próximas días a notificación da entidade xunto cun escrito da Xunta Arbitral citándolles para a celebración da vista
– O obxectivo da arbitraxe é que os afectados pola adquisición de preferentes con información deficiente ou debido a unha mala comercialización recuperen os seus aforros en tres ou catro mesessen ter que ir a xuízo nin iniciar preitos que poidan tardar anos en resolverse
-Os interesados en solicitar esta vía poden informarse no IGC, nos puntos de información específicos habilitados, nas OMICs e nas asociacións de consumidores. O laudo arbitral é de obrigado cumprimento e ten a mesma validez que unha sentenza xudicial