O USO DA GUÍA CONTRA O MALTRATO DE MAIORES OU PERSOAS CON DISCAPACID​ADE SÉRA DE OBRIGADO CUMPRIMENT​O A PARTIRES DESTA SEMANA

  •   O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación da ferramenta e a súa utilización en Galicia
  • Ata o de agora, a utilización deste documento, que elaborou a Consellería de Traballo e Benestar, era de carácter voluntario
  • A guía permite coordinar as actuacións dos axentes implicados co fin de garantir unha atención “rápida” e “especializada”
  • Actuarase para cumprir un triplo obxectivo fronte ao maltrato: previlo, detectalo e atendelo

 Santiago, 24 de xullo de 2012.- A utilización da guía contra o maltrato de maiores e persoas con discapacidade será a partires desta semana de obrigado cumprimento por parte dos servizos sociais comunitarios e de saúde, forzas de seguridade, membros da Fiscalía Superior de Galicia, do teléfono social e de diferentes organismos e departamentos da Xunta relacionados con este ámbito, así como tamén entidades que prestan servizos a persoas maiores e persoas adultas con discapacidade.

 O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación da ferramenta e a súa utilización en Galicia, que elaborou a Consellería de Traballo e Benestar ante a inexistencia de protocolos nacionais ou autonómicos adecuados para a abordaxe de casos concretos, que requiren dunha atención específica. De feito, o perfil da persoas maiores ou adultas con discapacidade non quedaba debidamente incluído en todos os supostos que se contemplan, por exemplo, nos protocolos de violencia e xénero. Ata o de agora, o uso desta ferramenta, que forma parte do Plan Galego das Persoas Maiores 2010-2013, era de carácter voluntario.

O obxectivo desta actuación é, polo tanto, conseguir unha maior eficacia en todas as fases do problema, isto é, na súa detección, intervención e, por suposto, na prevención. Esta ferramenta coordinará as actuacións contra os malos tratos e contribuirá, ao tempo, á visualización deste conflito social; á creación de novas ferramentas de carácter preventivo; e á detección e consecuente intervención

A posta en marcha desta ferramenta servirá para sensibilizar á sociedade e para que saiban que teñen á súa disposición unha canle organizada –no caso de detectar un caso- para comunicalo, e para que os profesionais poidan actuar.

A actuación é un documento técnico de referencia no ámbito da Comunidade autónoma de Galicia que utilizarán os distintos profesionais implicados na prevención, detección e atención de situacións de maltrato de persoas maiores e persoas adultas con discapacidade

A guía elaborouse a través dun grupo de traballo que se constituíu por todos os axentes implicados a nivel autonómico, o que posibilitou incorporar a experiencia dos diferentes perfís de profesionais que interveñen neste eido.

Contidos

Concebido como un instrumento de apoio aos profesionais, a guía conten diversa información. Así, nela pódese atopar unha selección de normativa de aplicación que serve de marco legal e xurídico; e tamén un marco teórico coa definición de maltrato e os indicadores para detectalo

O documento tamén inclúe esquemas de actuación, os mecanismos a través dos que se poden comunicar estes casos; e, ademais, contén modelos de comunicados e solicitudes oficiais destinados a solicitar a intervención de distintos axentes; como as forzas de seguridade, a Fiscalía ou a Xunta.

Esta ferramenta cumpre, ademais, outra función moi importante, xa que permitirá coñecer e rexistrar a incidencia real deste comportamento en Galicia, ao poder funcionar a modo de rexistro único. Ata o momento, non había un instrumento claro de comunicación, polo que non se rexistraban debidamente todos os casos. Na realización da guía participaron os seguintes axentes: Teléfono social, Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia; servizos sociais comunitarios dos concellos; servizos sociais de atención primaria de saúde; dirección xeral de asistencia sanitaria; Garda Civil; Corpo Nacional de Policía; Policía autonómica; Fiscalía Superior de Galicia; Instituto de Medicina Legal (Imelga); Fundación galega para a tutela de adultos (FUNGA); CERMI Galicia; Cruz Vermella Española; Secretaría Xeral de Igualdade; Secretaría Xeral de Familia e Benestar e Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal. A Consellería de Traballo e Benestar difundiu esta guía nunhas xornadas nas que participaron preto de 600 técnicos e se celebraron en todas as provincias.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: