A XUNTA SOMETE A INFORMACIÓ​N PÚBLICA O ANTEPROXEC​TO EXPLOTACIÓ​N, ACONDICION​AMENTO E MELLORA DA ÁREA DE CAMPISMO NA ILLA DE ONS

  Este proceso de período de consultas pública afecta área de acampada controlada na illa de Ons

  • A razón pola que se inicia esta información pública responde á necesidade de dar unha resposta á problemática xerada pola inadaptación da área de acampada á normativa de turismo
  • Santiago, 27 de xuño de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o expediente para a adaptación e mellora das instalacións de campismo na illa de Ons (Bueu), integradas no Parque Nacional , por un período dun mes.  Trátase de iniciar un proceso de consultas públicas para poñer a disposición dos interesados a proposta de actuacións a levar a cabo nesta área de acampada controlada, que actualmente non está a cumprir os ditados da normativa turística en relación aos campamentos de turismo. Tradicionalmente, na illa de Ons tolerábase a acampada libre ao non existir outro lugar que permitise a pernocta dos visitantes, a excepción dalgunhas casas. Dende a creación do Parque Nacional en 2002, esta actividade realízase de xeito regulado polo órgano xestor do Parque, pero sen que teña lugar nun campamento de turismo. A área actualmente reservada para a acampada na illa de Ons comprende unha parcela de 8.717 m2 na parte alta da zona central da illa. Trátase dun terreo valado, con pouca pendente, axeitado para esta actividade e que na súa maior parte está arborado con piñeiros e eucaliptos. Os servizos actuais dispoñibles para os campistas dentro da propia zona de acampada redúcense a unha caseta de recepción e información situada na entrada. Nos terreos colindantes, fora da área delimitada para acampar, existen outros servizos, coma son de auga non potable e servizos hixiénicos, así coma contenedores de lixo. A actuación a realizar consiste no deseño básico do acondicionamento e mellora da área de acampada existente na illa de Ons, de xeito que se lle dote dos servizos propios dun campamento de turismo de terceira categoría, par que cumprindo todos os requisitos legais, respecte ao mesmo tempo o entorno de Parque Nacional que ocupa. A zona que abarca o anteproxecto é menor de una hectárea e as instalacións propostas son as mínimas necesarias para unha instalación de campismo, cunha superficie construída do 5% da total da parcela. As instalacións darán cabida a un máximo de 276 visitantes. A información pública desta proposta da cumprimento á normativa de contratación administrativa e á de transparencia e participación cidadá.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: