O BNG presenta na Guarda unha moción contra o desmantelamento das oficinas liquidadoras do rexistro da propiedade

“O      BNG denuncia que coa eliminación       deste servizo da oficina de Tui obríganos a ir a Vigo, co              gasto que              iso supón” A            Guarda, xullo 2012.-            O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO presentou unha moción na que se            insta á            Xunta de Galiza a revocar o acordo de supresión dos servizos            que se            prestan a través das oficinas liquidadoras de taxas e            impostos. A          través destas oficinas liquidadoras nos diferentes Rexistros          da          Propiedade veñen realizando todas as xestións relacionadas con          sucesións, transmisións, actos xurídicos documentados,          societarios, etc., ademais da correspondente liquidación das          taxas e          xestións como as relacionadas coa interposición de recursos de          reposición, comprobación de valores, notificacións ou          requirimentos ás persoas interesadas, entre outras.

“A              eliminación deste servizo da oficina de Tui, vai supoñer              alonxar              máis a administración do pobo. Obríganos a ir a Vigo co              gasto que              iso supón”,            comenta Hortensia              García,            concelleira do BNG.

Ademais          a existencia nas mesmas de persoal especializado no ámbito do          dereito civil, propiedade, etc. permite prestarlles ás persoas          do          ámbito de actuación no que se atopa o concello da Guarda,          servizos          de información e asesoramento ao tempo que actúan como          arquivos de          documentos e escrituras privadas.
A        medida do PP suporá a perda dun 150 postos de traballo

O          BNG advirte que esta nova medida do PP vai motivar a perda de          arredor          150 postos de traballo en Galiza, postos de traballo          cualificados e          asentados en contornos sensíbeis como o medio rural, baixo o          pretexto do aforro e a austeridade.

Para          o BNG esta actuación supón un novo golpe de graza do goberno          do PP          á poboación que vive fóra dos grandes núcleos urbanos da nosa          nación pois trátase dunha medida que priva de servizos cos que          viñan contando as persoas que viven en vilas e aldeas do          rural.          Trátase dunha medida que vai claramente en contra do proceso          de          comarcalización dos servizos e do equilibrio territorial.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: