Archivo | julio 28, 2012

OS CONCELLOS PODERÁN SUMARSE NAS PRÓXIMAS SEMANAS AO PROGRAMA ACTÍVATE PARA A FORMACIÓN DE MOZOS DESEMPREGA​DOS

  • Os municipios de menos de 15.000 habitantes poderán escoller un dos cursos ofertados para que se imparta no seu termo municipal, e os de poboación superior poderán elixir dous

Os concellos da provincia poderán sumarse nos próximos días ao programa Actívate que pon en marcha a Deputación de Pontevedra para a formación de mozos e mozas desempregados de entre 16 e 35 anos. Así o anunciou esta mañá o presidente da Deputación Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno que aprobou as bases reguladoras deste programa, que conta cun orzamento de 102.000 euros.

Os concellos terán de prazo para adherirse a este programa ata o vindeiro 22 de agosto e poderán optar a un dos cursos que se ofertan nun amplo catálogo de actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e o tempo libre, e que abarca áreas como as novas tecnoloxías, a agricultura, a artesanía en papel, cristal e outros materiais, actividades artísticas, reparacións domésticas e bricolaxe no fogar, bricolaxe ecolóxico, cociña e elaboracións artesanais ou servizos ás persoas, entre outros.

Nos concellos de menos de 15.000 habitantes ofertarase unha destas actividades, mentres que nos de máis desta poboación (Cangas, A Estrada, Lalín, Marín, Moaña, Nigrán, Poio, Ponteareas, Porriño, Redondela, Sanxenxo, Tui e Vilagarcía de Arousa) poderán ofertarse dous cursos.

Cada curso terá unha duración de 40 horas, das cales 36 horas se impartirán nos Concellos adheridos e 4 corresponderán a un taller de carácter obrigatorio de mañá ou tarde que se desenvolverá nas instalacións da Deputación de Pontevedra ou no propio concello.

O dito taller versará sobre habilidades sociais para a inserción laboral, técnicas de busca de emprego, elaboración de currículum vitae e orientación laboral, entre outras cuestións de interese para facilitar o acceso ao mercado laboral.

Pola súa banda, os mozos e mozas que desexen participar nestes cursos poderán presentar as súas solicitudes desde 1 ao 20 de setembro no Rexistro do concello no que desexa cursar a actividade

DESPUÉS DE DOS AÑOS DE ÉXITO EN MADRID, VUELVE A VIGO LA COMEDIA “ÁGUILAS EN EL JARDÍN

  

En esta ocasión el actor de Mos Pablo Paz contará como invitado con Pablo Viña

La obra se representará los jueves y domingos del mes de agosto en la sala Cristian de Samil

Vigo, 28 de julio de 2021.- Después de dos temporadas de éxito rotundo en el Teatro Arenal de Madrid, vuelve a los escenarios de  Vigo la comedia “Águilas en el Jardín” de la mano del actor mosense Pablo Paz, que en esta ocasión contará con un invitado especial, el intérprete Pablo Viña que posee una larga y exitosa trayectoria en el mundo del espectáculo. Leer Más…