A XUNTA LOITA POR EVITAR A APROBACIÓN DEFINITIVA DO ACORDO ENTRE A UE E MAURITANIA AO PREXUDICAR Á FROTA CEFALOPODE​IRA GALEGA

  • 120731corte conselleira pacto Mauritania
  • A Consellería do Medio Rural e do Mar está en contacto con eurodeputados en Bruxelas para evitar que o pacto saia adiante no próximo Consello de Ministros de Pesca da UE

Santiago, 31 de xullo de 2012.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, criticou hoxe o preacordo establecido entre a Unión Europea e  Mauritania que, segundo dixo,  “é un pacto asinado de costas aos países membros e prexudicial para a frota española”. A conselleira fixo estas declaracións no transcurso da visita ao Porto Exterior Punta Langosteira, previo á reunión de coordinación das autoridades portuarias galegas.

“Estamos facendo todo o posible por frear este acordo no próximo Consello de Ministros da UE”, asegurou a titular de Medio Rural e Mar. Neste sentido, incidiu en que, conxuntamente co Goberno Central, se está en contacto con diversos eurodeputados para evitar a aprobación definitiva do acordo no Parlamento europeo.

Quintana lembrou que o documento conta co rexeitamento de todo o sector pesqueiro e da Administración. Lamentou que a comisaria europea, María Damanaki, asinase un convenio “que non favorece a ningún dos sectores que faenan na zona nin a ningún dos países comunitarios” e indicou que o custe do mesmo é máis elevado que os que se manteñen con terceiros países

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: