Concello de Vigo 31-07-12


Abel Caballero propón ao Estado consensuar a reforma da Lei de Bases de Réxime Local

O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) informou este martes, tras a reunión da Comisión Nacional de Administración Local, que as cidades ven “inasumible” a reforma proposta polo goberno central e solicitan un acordo que elimine “duplicidades” administrativas.

 


Caballero visitou a mostra “Mergúllate no Océano” de divulgación do Campus do Mar

O alcalde de Vigo acudiu este martes á Porta do Sol para coñecer “Mergúllate no Océano”, unha iniciativa de divulgación das actividades que leva adiante o Campus do Mar de Vigo. O obxectivo é achegar a ciencia mariña á sociedade mediante obradoiros, exposicións e -como novidade este ano- proxeccións de cine submariño.

 


Concello e CSIC colaboran nunha campaña de concienciación coas enerxías renovables

Abel Caballero destacou hoxe martes o compromiso de Vigo coas enerxías renovables, enumerando, entre outras medidas, a instalación de leds ou baixo consumo o os molinos de vento para xerar enerxía en moitas humanizacións. Así o explicou na rolda de presentación dunha campaña do CSIC, en colaboración co Concello, baixo o lema A enerxía nos move. Investigamos para obter recursos enerxéticos limpos, eficientes e accesibles.

 



Kaixo vs Cesar

Rap e electrónica na Constitución o mércores 1 con Kaixo Sama Vs Elecesar e Bflecha dentro do festival Son de Vigo

O mércores 1 de agosto será a noite do rap, da electrónica e dos djs con Kaixo Sama vs Elecesar, proposta que xunta a estes dous rapeiros que levan traballando xuntos máis de cinco anos, e Bflecha, dj, vocalista e produtora, habitual dos festivais de electrónica, como o Sónar de Barcelona, no que participou en 2010. Continúa o Festival Son de Vigo na Praza da Constitución ás 22.30h nesta xa terceira xornada.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: