O PUNTO DE ENCONTRO FAMILIAR DE SANTIAGO ESTREA INSTALACIÓ​NS NAS QUE SE INVESTIRON 132.000 EUROS

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou hoxe este espazo, que se atopa situado nun local de titularidade pública e adaptado integramente aos requisitos da normativa actual
  • Os PEF son un recurso, de carácter neutral e especializado, para facilitar e preservar as relacións entre os menores e os seus proxenitores e familias
  • Para mellorar estes servizos en toda Galicia, a Xunta leva investido máis de 2 millóns de euros nesta rede desde 2009
  • O Goberno galego está tamén a desenvolver un novo decreto que regule os Puntos de encontro familiar, que estará listo previsiblemente en outono

Santiago, 31de xullo de 2012.- O Punto de encontro familiar (PEF) de Santiago de Compostela vén de estrear unhas novas instalacións na cidade. Este novo espazo contou cun investimento de máis de 60.000 euros nas obras de acondicionamento e equipamento, e recibirá en 2012 un financiamento de máis de 72.000 euros para o seu mantemento, o que supón un 7 por cento máis que en 2011.

Así o explicou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, durante a súa visita a estas instalacións, que están situadas nun local de titularidade pública e adaptado integramente aos requisitos da normativa vixente.

Os PEF son recursos “moi importantes para facilitar e preservar a relación entre os menores e os seus proxenitores e familias”. Trátase de equipamentos neutrais e de carácter especializado que teñen, como finalidade principal, o cumprimento do réxime de visitas establecido.

“Están destinados a garantir o dereito fundamental dos nenos a manter unha relación regular co pai e  nai, tal e como recolle a Convención sobre os dereitos do neno adoptada pola Asemblea da ONU en 1989”, subliñou Mato.

Por iso, o Goberno galego ten un “firme compromiso” desde o inicio da lexislatura na mellora constante deste servizo. De feito, a Xunta leva investido máis de 2 millóns de euros na rede de PEF desde o ano 2009. A rede está composta por sete centros ubicados nas principais cidades –A Coruña, Vigo, Santiago, Pontevedra, Lugo, Ourense e Ferrol-, que levan funcionando desde o ano 2000.

Neste sentido, a titular do departamento autonómico adiantou que se seguirá traballando na mellora das instalacións destes centros no resto de cidades galegas. Ademais, avanzou que actualmente se está a desenvolver un novo decreto que regule os PEF, que actualice a normativa existente e a adecúe ás necesidades actuais. A previsión é que este novo texto estea listo en outono.

A conselleira resaltou que os Puntos de encontro familiar “son unha peza importante nas políticas integrais de apio ás familias da Xunta de Galicia, pero non son a única”

Outros programas

Así, Mato explicou que neste ámbito de actuación destacan outros programas, como o de mediación familiar: un programa pioneiro que ten como fin impulsar a resolución dos conflitos familiares pola vía do diálogo e o consenso.  É gratuíto e voluntario, e axuda a minorar o custo psicolóxico dos procesos de ruptura, “especialmente cando hai menores implicados”.

Este programa púxose en marcha en 2009, coa colaboración da Consellería de Presidencia. Entre 2009 e 2011, foron derivados a este programa 239 casos, aceptáronse 133 mediacións e 65 remataron con acordo.

Outro programa destacable é o programa de acollemento familiar, que se desenvolve en colaboración con Cruz Vermella, e que conta cun orzamento de 300.000 euros. O seu obxectivo é “dar aos menores a posibilidades de vivir nun fogar e cunha familia, evitando así o internamento nun centro residencial”.

Esta iniciativa está a acadar resultados “moi positivos”, como é o progresivo descendo na porcentaxe de menores ingresados en centros residenciais. Actualmente, hai un 66 por cento de menores en acollemento familiar, fronte a un 34 por cento internados en centros residenciais. En 2010, esta cifra era do 44 por cento, polo que se reduciu en dez puntos porcentuais.

Mato fixo tamén referencia ao programa de integración familiar, que se leva a cabo en colaboración coa Fundación Meniños. Conta cun orzamento de 380.000 euros, un incremento de preto de 200.000 euros con respecto a 2011. Este investimento permitirá prestar atención a 325 menores e 190 familias. O programa traballa principalmente na reunificación familiar; e na preservación para evitar que se produza a separación do menor.

Por último, a conselleira lembrou o compromiso do actual Goberno da Xunta coas familias, como proba o impulso da Lei de apoio á familia e á convivencia de familia, que establece títulos específicos para os membros das familias con especial vulnerabilidade. Esta Lei garante “os dereitos das familias, promove a súa calidade da vida, e establece un sistema de protección para os menores que están a sufrir as consecuencias dunha crise familiar”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: